Home O Morrazo Marín O desbroce manual continúa por toda a zona do litoral de Marín

O desbroce manual continúa por toda a zona do litoral de Marín

- Anuncio -

O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, achegouse ata Ardán, onde están agora os operarios de Juan XXIII avanzando pola zona 2, despois de que a zona 1 xa se rematase totalmente.

A planificación anual de desbroces manuais do Concello de Marín segue avanzando a moi bo ritmo. O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, achegouse esta mañá ata Ardán, onde os operarios de Juan XXIII están traballando, correspondente á zona 2, na que se leva actuando desde o inicio de maio e que engloba toda a zona do litoral da vila, desde Lapamán ata a Escola Naval.

Concretamente, esta zona 2 inclúe os núcleos de Casás, Teoira, Moledo, Bouzón, Loira, Montecelo, A Gorita, Aguete, Raposeiras, O Monte, Barriada de Mogor e Portocelo. Nestas áreas, os traballos realizaránse ata finais do mes de xullo. Despois, seguindo a calendarización anual, continuarase coa terceira e a cuarta fase.

Nos últimos meses, actuouse na zona 1, que xa está totalmente rematada e que comprende os núcleos de Pedreiras, A Estivada, Arealonga, Pituco, Cañota, Pitanxo, A Laxe, O Carragal, O Casal, Bravos, Viñas Blancas, A Raña e Outeiro.

Tal e como explicou o concelleiro, “a maiores deste plan de desbroce manual, este luns comezará tamén o seu labor o tractor de desbroce que percorre os viais e as estradas municipais”. En total, desbrozará 74 quilómetros de superficie nun mes e medio de traballo.
Novas, ademais, pedir “paciencia e comprensión cos prazos que se van marcando.

Entendemos que en todos os puntos hai necesidade de acometer desbroces, pero é imposible facelo todo á vez. Polo momento, imos cumprindo o cronograma e non quedará ningunha zona do municipio sen limpar”, asegurou.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas