Home Pontevedra A Lama O director xeral de Centros e Recursos Humanos da Xunta visita, en...

O director xeral de Centros e Recursos Humanos da Xunta visita, en representación do conselleiro de Educación, o colexio da Lama para coñecer o PDI sobre o Camiño de Santiago eleborado polo alumnado

- Anuncio -

O director do colexio, Rafael Sánchez-Agustino, amosoulle as instalacións do centro, a biblioteca, o estudio de radio e de animación e comentoulle os pormenores da elaboración do panel interactivo sobre os Músicos do Pórtico da Gloria

O colexio da Lama recibiu esta mañá a visita do director xeral de Centros e Recursos Humanos da Xunta de Galicia, Jesús Álvarez Bértolo, quen veu en representación do conselleiro de Educación, Román Rodríguez, para coñecer de primeira man o PDI elaborado polo alumnado durante este curso escolar adicado ao Camiño de Santiago e que consistiu na construción dun panel xigante interactivo cos músicos do Pórtico da Gloria.

O director do centro, Rafael Sánchez-Agustino, acompañado dos alumnos e alumnas de 6º de primaria, presentou este proxecto dedicado ao Camiño de Santiago e ao Ano Xacobeo 21-22. Trátase dun mural interactivo de 7 metros de ancho e 2 de alto coas figuras representativas do Pórtico da Gloria acompañadas duns botóns que permiten escoita-lo son que emitían os instrumentos medievais da época e a voz dos propios nenos e nenas relatando informacións breves relacionadas coa Catedral de Santiago e a súa historia.

Logo de coñecer de preto o resultado do PDI, os nenos e nenas mostraron a Jesús Álvarez as instalacións do centro escolar a través dun pequeno percorrido pola súa biblioteca, o seu estudio de radio e tamén o novo de animación, onde o director Sanchez-Agustino explicou que tamén estaban traballando en pezas audiovisuais sobre o Camiño de Santiago.

Esta visita ao centro escolar lamense contou tamén coa presenza do tenente de alcalde do Concello da Lama, David Carrera, e o concelleiro de Cultura e Deportes, Daniel Vidal, que mostraron interese polo funcionamento deste mural interactivo e acompañaron ao director xeral polas distintas dependencias do centro educativo. Ademais, Carrera e Vidal, trasladáronlle unha mensaxe de agradecemento polo seu traballo aos nenos e nenas de 6º de primaria, que acaban de finalizar o seu derradeiro curso na Lama, e eloxiaron a súa traxectoria e dedicación ao longo da súa etapa formativa.

Ao remate, Jesús Álvarez tomou nota das peticións do alumnado co centro, que se centraban principalmente en dotar de materiais lúdicos e deportivos o patio de recreo. Ademais, Álvarez felicitou persoalmente ao director do centro de ensino, Rafael Sánchez-Agustino, ao mestrado e ao alumnado polo traballo realizado. Mostrouse ademais moi satisfeito polo uso que se lle está dando a todo o material do centro de ensino, enfocado a estimular a creatividade dos cativos e a instruirse nas novas tecnoloxías, fundamentais no só no desenrolo das seguintes etapas escolares, senón tamén nas vindeiras profesións de futuro.

Relacionadas

Luis López destaca a aposta da Deputación pola mocidade e o apoio aos concellos...

0
O presidente da Deputación, acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, presenta o programa pioneiro “O teu espazo xuvenil” nun acto con alcaldes, concelleiros...

O Concello de Tui destina 10.000€ para as e os deportistas tudenses que participen...

0
O prazo de solicitude está aberto até o 15 de outubro Até o 15 de outubro está aberto o prazo para solicitar as bolsas a...

O Concello convocará 300 prazas para os campamentos de conciliación deste verán

0
O prazo para a inscrición abrirá o 2 de maio e serán entre xullo e agosto, no Sequelo, na Casa de Cultura de Mogor...

Luis López recibe no Pazo Provincial ao alumnado de terceiro e cuarto de Primaria...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este luns aos alumnos e alumnas de terceira e cuarto de Educación Primaria do CEIP...

O crítico literario e investigador Armando Requeixo estará en Mondariz para afondar na figura...

0
O Concello de Mondariz recibirá ao crítico literario, investigador en Humanidades e profesor Armando Requeixo este venres día 26 no marco do programa “Abril...

A Deputación de Pontevedra envía ao Concello de Vigo o convenio que compromete preto...

0
O presidente Luis López informou hoxe que a institución provincial “está lista para asinar canto antes o convenio de colaboración e escenificar o entendemento...

Publicacións Relacionadas