Home Pontevedra Deza O director xeral de Emerxencias e Interior participou hoxe na presentación da...

O director xeral de Emerxencias e Interior participou hoxe na presentación da I Feira de Seguridade, Defensa e Emerxencias SUDEXPO2022

- Anuncio -

— Santiago Villanueva destacou que este certame se facía necesario na comunidade, xa que será un efectivo instrumento para seguir medrando como polo de atracción da inversións deste sector, no que Galicia é xa un referente

— No acto tamén interviron Ricardo Durán, director da Feira Internacional de Galicia Abanca, organizadora desta cita e Luis Martínez Gavilán, membro do Comite reitor do evento

— O Salón terá lugar do 17 ao 19 de novembro do vindeiro ano

O director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, destacou a importancia de Sedexpo para converter a Galicia en protagonista do proceso de transformación industrial e tecnolóxico dos sectores da seguridade, defensa e emerxencias a través desta feira que permitirá “potenciar estes ámbitos e facer partícipes aos cidadáns da súa relevancia”. Nesta liña, incidiu no compromiso e a implicación da Xunta para dotar do equipamento necesario aos efectivos das forzas de seguridade e dos servizos de emerxencias que traballan para protexer aos galegos e as galegas.

Ademais, sinalou que a comunidade galega e un referente nesta industria, polo que o Goberno galego apoia a celebración de Sedexpo, que en novembro do vindeiro ano próximo novembro congregará aos principais axentes a nivel nacional da seguridade, a defensa e as emerxencias continuando ademais a reactivación da actividade trala covid-19 no recinto feiral de Silleda.

A I Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias, SEDEXPO 2022, terá lugar do 17 ao 19 de novembro do próximo ano na Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda. Unha primeira edición na que se está a traballando xa intensamente e que esta mañá foi presentada no marco de UNVEX, a maior feira de drons de España, a cal se celebra na Cidade da Cultura dende hoxe ata o vindeiro día 9.

Tamén estivo presente Ricardo Durán, director da Feira Internacional de Galicia ABANCA, entidade organizadora do certame. Na súa intervención sinalou que se trata dun proxecto ilusionante, xa que supón, por unha banda, a incorporación de novos sectores ao calendario do recinto, tal e como xa se veu facendo nos últimos anos con eventos que están a contar con moi bos resultados como a feira da enerxía Enerxétika ou a de transporte de viaxeiros por estrada ExpoBus, e, por outra, permite á entidade feiral aportar o seu grao de área a uns sectores que son clave para o benestar e a protección social.

Durán resaltou ademais que o evento se porá ao servizo destes sectores cun equipo que conta con gran experiencia na organización de eventos, como é o da Feira Internacional de Galicia ABANCA, co obxectivo de contribuír o máximo posible ao seu desenvolvemento. Ao mesmo tempo subliñou a importancia de poder presentar SEDEXPO no marco dunha feira de referencia como é UNVEX e agradeceu a Ángel Macho, director do evento e do grupo IDS, tanto a posibilidade de facer este acto como o apoio do seu grupo de comunicación a SEDEXPO.

Acordo con IDS
Tras a presentación de SEDEXPO a Feira Internacional de Galicia ABANCA formalizou un acordo de colaboración co grupo de comunicación IDS, organizador de UNVEX. Un convenio que resulta de gran interese para o certame e mediante o cal IDS apoiará a SEDEXPO coa súa experiencia e coñecemento. Así, formará parte activa do seu Comité Organizador e asesorará ao Comité Reitor en distintos aspectos do evento. Ao mesmo tempo, o grupo pasará a ser “media partner estratéxico”.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas