Home O Salnés A Illa de Arousa O distintivo Sendeiro Azul avala un ano máis a calidade ambiental da...

O distintivo Sendeiro Azul avala un ano máis a calidade ambiental da Senda O Bao-Xestelas

- Anuncio -

A edil de Turismo, Rosi Viana, o galardón simboliza o modelo ambiental e turístico no que traballa o Concello desde a súa fundación

A Illa de Arousa vén de renovar o distintivo de Sendeiro Azul para a “Senda Perimetral Bao-Xestelas”, un galardón que luce desde que no ano 2010 o municipio se convertía en pioneiro na contorna na promoción de activos ambientais que apostasen pola posta en valor do patrimonio ambiental no contexto dun turismo sostible.

Esta senda, que comeza no O Bao e continúa ata o parque natural de O Carreirón, zona de migración de aves, ten unha lonxitude de 2.446 metros e unha dificultade baixa para percorrela, cun tempo estimado para facelo de 45 minutos. Neste traxecto litoral a senda transcurre por playas con forma, perfil e pendente diferente así como gran variedade de ecosistemas, marismas e roquedais de gran valor paisaxístico. O sendeiro permite unha achega ao mundo do marisqueo pero tamén recunchos para facer unha parada lúdica. A praia de Camaxe, duns 700 metros de lonxitude é unha das máis espectaculares e moi cerca está tamén o Centro de Interpretación da Conserva.

Para Rosi Viana, concelleira de Turismo, resulta satisfactorio este recoñecemento ambiental ao sendeiro Bao-Xestelas. “É moi complexo para municipios con escasos recursos como é o noso caso competir en distintivos. Boa parte do perímetro litoral da Illa conta con sendas acondicionadas para pasealas con seguridade e con entornos naturais de gran valor. Temos este Sendeiro Azul e para nós é un emblema do modelo ambiental e turístico que queremos: sen masificacións e respetuoso co medio”. Coa calidade como premisa, coa Q para a Oficina de Turismo e co distintivo Sicted para varias instalacións

Os sendeiros azuis comunican praias, portos deportivos ou un centro de interpretación que luza bandeira azul polo que contribúen ao coidado do litoral además da conservación do patrimonio natural.

Trátase dun galardón promocionado pola Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC) co apoio da Fundación Biodiversidad e do Ministerio para a Transición Ecológica.

Como requisitos específicos un sendeiro azul ten ademáis que estar sinalizado con paneis explicativos, nos que se informe sobre o hábitat, a fauna e a flora do entorno ademáis de ser accesible para persoas con mobilidade reducida.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas