Home O Salnés A Illa de Arousa O documental "Ciudad de la Selva" chega este sábado ao auditorio da...

O documental “Ciudad de la Selva” chega este sábado ao auditorio da Illa con debate trala proxección

- Anuncio -

O director do audivisual, Miguel Riaño, explicará os achados e investigacións previas que permiten agora divulgar este importante anaco da historia galega

Tan so uns meses despois da súa estrea oficial chega ao Auditorio de A Illa de Arousa a proxección de “Ciudad de la Selva. Fuxidos e guerrilleiros nos montes de Casaio”, un documental de Miguel Riaño centrado no refuxio que a guerrilla creou nos montes de Casaio, en Carballeda de Valdeorras, un lugar no que viviron entre 1941 e 1946 arredor de medio centenar de persoas de xeito estable, segundo as conclusións as que chegou Sputnik Labrego, o colectivo que excavou o lugar en función dos achados na zona.

Durante 70 minutos, Ciudad de la Selva conta a historia dos fuxidos do réxime franquista en torno a esta poboación galega de Casaio. Nestes montes exponse unha resistencia activa contra o fascismo grazas ao apoio de membros das comunidades locais, mentres son perseguidos polas forzas da Garda Civil. En Ciudad de la Selva amósase, a través dunha análise historiográfica, arqueolóxica e testemuñas de protagonistas dos feitos, o estudo das causas que levaron a crear este enclave de resistencia, de igual modo que os medios dos que se valían para subsistir, como afectaban os seus actos aos civís da localidade ou o papel da muller dentro da guerrilla.

Miguel Riaño estará presente na proxección, este sábado ás 20 horas, para promover un faladoiro que permita contribuir a divulgar este anaco da historia recente galega e analizar aspectos curiosos como as fórmulas de financiación deste asentamento de desplazados desde distintos puntos de Galicia e Asturias, opositores ao reximen franquista. Testemuñas e achados permitiron a un grupo multidisciplinar de investigadores reconstruir a historia destas persoas e saber que aconteceu nos montes de Casaio desde que se formou o poboado ata o cruento final da guerrilla a mans da garda civil en 1946.

A entrada pode adquirirse en billeteira ao prezo de 4 euros.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas