Home Pontevedra O encontro “Xuntas no Deporte” reúne a directivas de clubs redondeláns

O encontro “Xuntas no Deporte” reúne a directivas de clubs redondeláns

- Anuncio -

– O obxectivo deste encontro é abordar o papel das mulleres nos órganos de decisión dos clubs deportivos, as barreiras de xénero e o rol das institucións. Nesta charla, que se inclúe na programación do 8M, participarán Paula Fernández, Déborah Bouzón, María Soto, Vicky Ricón, Ana Romasanta e Carla Abad.

A sala da Oficina de Turismo, na rúa Isidoro Queimaliños, acolle este venres ás 19.30 o encontro “Xuntas no Deporte”. O obxectivo desta actividade, que se enmarca dentro da programación municipal do 8M, é abordar o papel das mulleres nos órganos de decisión dos clubs deportivos, as barreiras de xénero ás que se enfrontan e o rol das institucións. A concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa, sinala que “cada vez son máis as mulleres que participan activamente nas direccións de clubs deportivos de diferentes disciplinas, e as entidades de Redondela son un exemplo”.

No encontro participarán Paula Fernández (Club Baloncesto Redondela), Déborah Bouzón (CBF As Choqueiras), María González (BM Chapela), Vicky Ricón (CD Choco), Ana Romasanta (Asociación Deportiva CAR) e Carla Abad (Federació Galega de Balonmán). Na actividade, aberta ao público, vaise poñer de relevo o papel da muller na xestión e dirección da práctica deportiva. O obxectivo, sinala Vilaboa, é coñecer o seu punto de vista sobre a realidade das mulleres na dirección de clubs deportivos.

A práctica deportiva en Redondela, e na sociedade en xeral, vai cada vez en aumento pero segue existindo unha importante brecha de xénero. En Galicia hai case 300.000 licenzas federativas deportivas, das que escasamente un 20% son mulleres e nenas. A concelleira de Igualdade afirma que “debemos xerar interese nas mulleres e nenas pola práctica deportiva e tamén pola xestión deportiva, e proporcionar as bases de igualdade no acceso a estes postos”. Os testemuños e as experiencias das mulleres que participarán este venres no encontro servirán para reflexionar sobre a situación actual, os prexuízos que aínda existen e as ferramentas para mudar estas dinámicas.

Relacionadas

O BNG reclama avances da Xunta de Galiza para garantir o dereito a unha...

0
A fronte nacionalista traslada a preocupación da Asociación Dereito a Morrer Dignamente diante dos déficits de información e de recursos por parte do Goberno...

A Deputación avanza que este venres aprobará axudas de preto de 250.000 euros para...

0
A deputada provincial María Ramallo visitou hoxe as instalacións nas que se van investir recursos provinciais do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas O Concello...

A Deputación leva este sábado a Ribadumia o circuíto +Escénicas con “4.0.” de Sue...

0
A peza teatral, para público familiar, poderá verse ás 19:00 horas no Auditorio Municipal dentro da IV Gala Homenaxe ás Mulleres de Ribadumia organizada...

A Deputación pecha o próximo mércores o prazo para participar nos premios ás mellores...

0
A convocatoria Demo Day está dirixida aos dez centros educativos de Gondomar, Lalín, Pontevedra e Vigo que participan este curso no proxecto DepoEmprende na...

Dano Cerebral Galicia imparte unha charla de ‘Aproximación ao dano cerebral adquirido’ en Ribadumia

0
A sesión informativa, aberta e gratuíta, vai ter lugar o martes 11 de marzo ás 16:00 no Auditorio Municipal da localidade do Salnés. Falarase das...

A Deputación mantén aberto ata o próximo martes o prazo para solicitar as axudas...

0
A Deputación pon á súa disposición 200.000 euros co obxectivo de crear ou manter e reforzar os seus servizos destinados a incrementar o uso...

Publicacións Relacionadas