Home Pontevedra O Entroido de Redondela fai arder a ditadura

O Entroido de Redondela fai arder a ditadura

- Anuncio -

Ao berro de: “Lume aos que branquean o franquismo e aos que tratan de resucitar os totalitarismos!” este Martes de Entroido Redondela queimou ao seu Meco, representado na figura de Franco e o deputado José Luis Ferro.

Coa música da reivindicativa “Bella Ciao” o Meco ardeu. O pregón comezou coa retransmisión da histórica locución de Arias Navarro en 1.975: “Españoles, Franco ha muerto”. O manifestou lembrou que este ano celebramos “que o Caudillo leva 50 anos soterrado”, e aínda hai quen prefire “branquexar a Historia, banalizar o acontecido e facerse o esquecido”. O Meco non quixo esquecer o exemplo da Illa de San Simón “usada como prisión e na que Ferro Iglesias nega que houbera mortes e fusilamentos, pretende que borremos esa parte do noso pensamento”. O pregón tivo palabras de recoñecemento para as “madriñas, veciños e veciñas, que axudaron a aqueles presos que morreron de inanición, frío ou desatención”.

Centos de persoas ateigaron a Alameda Castelao e as rúas do centro da vila para vivir o espectáculo. Co Meco queimouse “aos que atentan contra os dereitos e a liberdade, aos que inventan falsas noticias, bulos e mentiras”. O pregón pediu “que o lume ceibe a San Simón de xincanas e festivais, que non sexa o retiro de iogas espirituais. Que se respecte a Illa da Memoria e que o lume permita a Redondela seguir defendendo a verdade, a xustiza, os dereitos e a dignidade”.

Os lumes de artificio e o espectáculo “Pachamama”, de Troula Animación, completaron a xornada festiva e reivindicativa do Martes de Entroido.

O grupo local “Los ásperos” son os encargados de pechar a xornada cun concerto tributo á mítica banda de Los Suaves na Praza da Constitución.

Relacionadas

A comparsa Relativerso de Mañufe gañadora absoluta do Entroido en Tui

0
En carrozas o primeiro premio foi para o Entroido de Picoña. Miles de persoas gozaron do desfile-concurso nas rúas novas da cidade Miles de persoas...

Rafa Domínguez presenta o Torneo do Ano 2025 organizado a favor da Asociación Española...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, presentou esta tarde no Museo de Pontevedra o Torneo do Ano 2025, organizado a favor da...

Lete destaca o músculo galegono atletismo da man dos irmáns CHamosa que competirám no...

0
_Subliña o excelente momento do atletismo galego que nos Xogos de París igualou o seu récord histórico con sete representantes O secretario xeral para o...

Luis López destaca a contribución de eventos culturais de referencia como o Entroido de...

0
O presidente provincial, acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, asiste en Vilaboa á xornada de clausura dun dos entroidos máis recoñecidos de Galicia,...

Éxito de participación no concursos de disfraces do Concello de Ponteareas

0
Concello reparte máis de 12.000€ en premios para as comparsas e os concursos de disfraces Éxito de participación nos concursos de disfraces infantil e...

O encontro “Xuntas no Deporte” reúne a directivas de clubs redondeláns

0
- O obxectivo deste encontro é abordar o papel das mulleres nos órganos de decisión dos clubs deportivos, as barreiras de xénero e o...

Publicacións Relacionadas