HomePontevedraCaldasO equipo de axedrez da Cultural Deportiva de Portas logra o ascenso...

O equipo de axedrez da Cultural Deportiva de Portas logra o ascenso á 1ª División Galega

- Anuncio -spot_img

É a primeira vez que se consegue este fito deportivo nos anos de historia da entidade

O equipo de xadrez da Cultural Deportiva Portas conseguiu, por primeira vez na súa historia, o ascenso á ansiada Primeira División Galega coa participación dos xogadores Christian Duarte, Alessandro Nieto, Javier Fernández, Juan Ramón Ocampo, Sandro César Padilla e Wuayra David Padilla.

O ascenso chega despois dun sistema de competición no que participaron un total de 12 equipos dos cales só ascendían dous e no que o conxunto de Portas demostrou que estaba en condicións de acadar este fito histórico mantendo en todo momento a concentración e unha actitude positiva de cara ao triunfo.

Segundo, Javier Fernández Costas, adestrador do equipo, “a regularidade, o tesón e as ganas demostradas en todos e cada un dos compoñentes do equipo ao longo de toda a competición foi o secredo para conseguir este importante logro inédito na historia da nosa entidade”.

Este ascenso ten un dobre mérito ao ser conseguido con xogadores procedentes da canteira do club que é referencia en toda a comarca na práctica do xadrez.

Publicacións Relacionadas