O EQUIPO INFANTIL DAS E.D.SALVATERRA CAMPIÓNS DE LIGA E CAMPIÓNS DA FASE DE ASCENSO Á PRIMEIRA AUTONÓMICA
A pasada fin de semana o equipo infantil acadou o 1º posto da fase de ascenso tras o título de liga que lle daba acceso a xogarse o ascenso á 1ª Autonómica.
Logo de dez xornadas apaixoantes e con tan só dúas derrotas en toda a tempada(ambas na fase de ascenso e de xeito consecutivo), o equipo adestrado polo noso compañeiro Edgar Martínez, asistido por Christian Vázquez e coa axuda na función de delegado de Román Acuña, foi quen de encadear unha racha das 5 victorias que precisaban para lograr o obxectivo.
“Cando perdemos o segundo partido de xeito inesperado, os xogadores sabían que non quedaba outra que gañalo todo, tendo que chegar a Gondomar na penúltima xornada a xogarnos o liderato e o equipo non fallou” comenta o míster todavía abraiado pola xesta dos seus pupilos.
“Cada ano comezamos a tempada co único obxectivo de seguir formando tanto deportivamente coma noutros valores transversais propios do deporte, pero sen outro tipo de presión competitiva que saia do beneficioso para os nenos e nenas destas idades, inculcando aos deportistas unha ambición sana e ben entendida que lles axude a ser mellores”, matiza Edgar.
Este ascenso é o mellor xeito de celebrar a normalidade no deporte, logo dunha “infancia deportiva” roubada pola Pandemia, na que moitos nenos e nenas perderon unha etapa moi importante na súa formación deportiva e social.
Dende O Concello queremos transmitir os nosos parabéns para toda a plantilla e para todas as E.D.Salvaterrra, desexándolle tamén moita sortea o equipo CADETE que xogará a final da Copa Federación a vindeira fin de semana.
Parabéns!!!!!!