O Espazo Termal de Teáns-Oleiros únese ó Carné Xove da Xunta de Galicia

adminON
Lectura mínima de 2

O Espazo Termal de Teáns-Oleiros, o primeiro espazo lúdico termal de Galicia, anuncia a  súa adhesión ó programa Carné Xove da Xunta de Galicia, unha iniciativa que busca  promover o benestar e a saúde entre a xuventude galega. A partir de agora, os mozos e  mozas de entre 12 e 30 anos poderán acceder ás instalacións por só 2 euros. 

A Directora Xeral de Xuventude, Lara Meneses, e a Alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta  Valcárcel, asinaron así un convenio que permite incluir ó espazo termal dentros lugares  con desconto para a mocidade. 

O Carné Xove é unha tarxeta persoal para a mocidade galega expedida pola Xunta de  Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Cultura, Lingua e  Xuventude. Con este documento, as persoas usuarias poden acceder a unha chea de  descontos e vantaxes en múltiples entidades e establecementos en Galicia, no resto das  comunidades autónomas e nos preto de 40 países europeos adheridos ao programa  Carné Xove Europeo. 

Esta colaboración representa un paso importante na aposta pola mocidade, fomentando  o seu acceso a recursos de ocio saudables e de calidade. O Espazo Termal de Teáns Oleiros ofrece un entorno único onde os visitantes poden desfrutar das propiedades  terapéuticas das augas termais, coñecidas polos seus beneficios para a saúde, como a  mellora da circulación, o alivio de dores musculares e a promoción do benestar xeral. 

A iniciativa busca atraer a máis xente nova ó espazo, promovendo un estilo de vida  saudable e consciente do coidado do corpo e a mente. Ademais, reforza o compromiso  do Espazo Termal de Teáns-Oleiros coa promoción da saúde pública e o turismo de  benestar en Galicia. 

Para máis información sobre o espazo, poden consultar a páxina web de turismo do  Concello de Salvaterra de Miño.

Comparte este artigo