HomeBaixo MiñoA GuardaO espectáculo “4.0” invita á reflexión sobre a maternidade na Guarda

O espectáculo “4.0” invita á reflexión sobre a maternidade na Guarda

- Anuncio -spot_img
  • Trátase dun espectáculo aéreo de Sue Moreno o próximo sábado 21 de marzo ás 18:00h na Praza do Reló

O Concello da Guarda xunto co Centro de Información da Muller (CIM) retoma unha das actividades da programación especial para este 8-M, Día Internacional da Muller.

O sábado 21 de marzo, a Praza do Reló acollerá o espectáculo “4.0” de Sue Moreno ás 18:00 horas. Trátase dun espectáculo que fusiona técnicas aéreas de circo (teas e aro) con teatro, danza e música, e cun ton de humor.

A historia sitúa a unha muller no seu día a día, intentando conciliar o seu traballo coa súa maternidade, mostrando as diferentes caras desta etapa desde unha ollada divertida, tenra, emocionante e, ás veces, absurda.

Publicacións Relacionadas