HomeBaixo MiñoA GuardaO espectáculo ‘Enredada’ de Leti da Taberna pecha o ciclo Ven ao...

O espectáculo ‘Enredada’ de Leti da Taberna pecha o ciclo Ven ao teatro da Guarda

- Anuncio -spot_img
  • Trátase do primeiro espectáculo do ano no Centro Cultural da Guarda

O Centro Cultural inicia a súa actividade teatral este ano 2026 co espectáculo “Enredada” da cómica Leti da Taberna.

“Enredada” é unha proposta escénica en forma de monólogo cun estilo fresco e descarado. A artista achégase ás historias cotiás da xente do común con unha ollada crítica, feminista e fondamente galega, enchendo o escenario de moita sorna e crítica ás redes sociais, onde se deu a coñecer ela en 2020 e onde conta con milleiros de seguidores.

Deste xeito, Leti enche o escenario de luz e enerxía, provocando que a espectadora se vexa identificada coas situacións que se presentan e acabe ríndose de si mesma. 

O espectáculo pecha o ciclo “Ven ao teatro” do Concello da Guarda, o próximo venres 23 de xaneiro ás 21:00h no Centro Cultural. A entrada é libre e de balde.

Publicacións Relacionadas