O espectáculo “GLOBOTOLO” amenizará a tarde do venres en Baiona

adminON
Lectura mínima de 1

Este venres, día 3 de xaneiro, o pallaso Lolo, fará as delicias dos nenos e sorprenderá ás persoas adultas, facendo figuras imposibles con globos e gags divertidos.

Un espectáculo desde unha perspectiva cómica e interactiva onde o público senta parte integrante da representación cunha posta en escena onde a ilusión do pallaso Lolo mestúrase nun cóctel de risas e gargalladas.

Ven a gozar connosco deste evento familiar durante a tarde do venres 3 de xaneiro, empezando ás 19:00 horas na carpa instalada na praza do concello.

Comparte este artigo