HomeBaixo MiñoA GuardaO espectáculo Moby Dick arranca a actividade cultural guardesa do 2026

O espectáculo Moby Dick arranca a actividade cultural guardesa do 2026

- Anuncio -spot_img
  • O espectáculo xoga coa figura dun gran cachalote de tres metros

O venres 2 de xaneiro chega á praza Avelino Vicente un espectáculo moi novidoso: “Moby Dick”.

Esta é unha proposta de teatro para público familiar creado a partir da afamada novela de Herman Melville que xoga coa figura do gran cachalote protagonista da novela, un monicreque de tres metros creado polo titiriterio Iker Pérez.

Moby Dick conta a historia de Ismael, un mozo que decide embarcar nun baleeiro no que vivirá unha morea de perigosas aventuras.

Vide a desfrutar desta historia o venres 2 de xaneiro ás 17:30h na praza Avelino Vicente.

Publicacións Relacionadas