Free Porn
xbporn
Home O Morrazo Bueu O FICBueu volve contar coa colaboración da Xunta para unha nova edición...

O FICBueu volve contar coa colaboración da Xunta para unha nova edición con 15 estreas internacionais

- Anuncio -
  • O certame de curtas de Bueu é unha das 10 citas cofinanciadas en 2024 pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través da convocatoria de axudas a festivais audiovisuais, dotada con 300.000 euros
  • O programa inclúe 29 fitas na competición oficial, catro películas de cineastas emerxentes de Galicia na sección ‘GZ_00’ e seis filmes vangardistas europeos en ‘Descubertas’

O Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBueu) presentou hoxe a súa 17ª edición, que terá lugar do 6 ao 21 de setembro e para a que volve contar co apoio económico da Xunta de Galicia. Como cita estratéxica para o audiovisual galego, o certame dispón dunha axuda de preto de 40.000 euros a través das subvencións da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a festivais do sector, que este 2024 distribúen 300.000 euros entre 10 mostras.

Así o expuxo o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, durante a súa intervención neste acto, no que participou xunto a representantes provinciais, municipais ou do propio festival.

Ecosistema estratéxico de festivais

O responsable de Industrias Culturais referiuse ao gran momento que está a vivir o audiovisual galego e á importancia que para o sector ten o “ecosistema estratéxico de festivais” tanto para lle dar visibilidade ás nosas producións, como para facelas dialogar co cinema que chega doutras partes do mundo. Neste sentido, a Xunta incrementou en máis dun 30% o apoio que canaliza a través da devandita convocatoria de axudas, en resposta ao papel clave deste tipo de certames.

Sutil felicitou a organización do FICBueu pola calidade da programación deste ano, que ofrece a estrea en España de 15 curtas chegadas de diferentes países e, en moitos casos, premiadas en destacados certames do circuíto internacional. Destacou, ademais, a aposta polo talento galego a través da sección a concurso GZ_00 na que, desta volta, competirán catro documentais: Kalabukú, de Andrea Bouzo; Queimar cando morra, de Inés Pintor; Segunda II, de Anita Pîco, e Pechar caixas abrir caixas, de Hugo Amoedo. Ademais, na competición oficial exhibiranse os filmes galegos O frío, de Pablo Dopazo; Habitar, de Anxos Fazáns, e Platónico, Platónica, de Xacio Baño.

Nesta sección oficial proxectaranse 29 películas de distintos xéneros chegadas de 18 países. Delas, 13 curtametraxes son estreas en España e 11 proxectaranse por vez primeira en Galicia. A maioría das películas foron seleccionadas e mesmo premiadas nos últimos meses en festivais de cinema tan prestixiosos como os de Cannes, Venecia, Berlín, Róterdam, Clermont-Ferrand, Annecy, Chicago, Locarno ou o South by Southwest.

Xunto á categoría oficial a concurso, o festival engade Descubertas, un apartado no que se proxectan seis curtas europeas que se atopan entre as máis vangardistas e innovadoras de produción recente. No marco desta sección, estrearanse en España Scenic View, da finlandesa Maija Blåfield, e Intelligence, dos franceses Cosme Castro e Jeanne Frenkel.

Ademais, este ano o festival entregaralle o Premio Cinema Galego á actriz viguesa María Vázquez en recoñecemento á súa traxectoria e á súa contribución ao cinema galego e estatal.

Actividades complementarias

O FICBUEU completa o seu cartel con diferentes actividades que lle outorgan unha dimensión completa no seu labor de divulgación da sétima arte. Neste sentido, destacan as III Xornadas Cinematográficas, con coloquios, proxeccións e clases maxistrais para reflexionar sobre cine, e MiniFIC, con obradoiros para público xuvenil e infantil e proxeccións para público familiar e para centros de ensino da zona.

Ao tempo, estase a organizar a II Residencia FICBUEU, onde catro realizadoras e realizadores de Arxentina, Cataluña e Galicia traballarán nos seus novos proxectos de curtametraxes coa axuda dun equipo formativo encabezado pola directora e guionista Estibaliz Urresola. A illa de Ons volverá acoller esta iniciativa do 16 ao 23 de outubro.

Relacionadas

A Xunta despide os campamentos de verán para persoas con discapacidade que contaron con...

0
A directora xeral de Persoas con Discapacidade visitou último campamento en Gandarío polo que pasaron máis de 100 persoas con discapacidade ao longo deste...

Tres estudantes representan a Galicia en Lyon  na maior competición internacional de FP

0
— Trátase de Ezequiel Toro, do IES San Clemente de Santiago; María Bazar, do CIFP Paseo das Pontes da Coruña, e de Laura Pereira,...

Luisa Sánchez participa na presentación de equipos da A.D. Carballal

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acaba de participar na presentación dos equipos da A.D. Carballal que competirán nesta temporada 2024/2025. Sánchez...

Tomiño apagará o son das atracción este domingo do Alivio

0
O Concello de Tomiño ten o pracer de anunciar unha iniciativa especial para o vindeiro domingo, no marco das festas do Alivio e adicada...

O concello de Ponteareas convoca a maior oferta de emprego público da súa historia,...

0
• A maior oferta de emprego público ordinaria ofertada polo Concello de Ponteareas cun prazo de presentación de solicitudes de vinte días hábiles • Con...

Luis López enxalza a forza do tecido veciñal da provincia ante máis de medio...

0
O presidente provincial participa nun encontro con centos de persoas integrantes de asociacións veciñais de Poio e da contorna nunha actividade lúdica cunha charla...

Publicacións Relacionadas