O foodtruck de “Galicia sabe amar” chega a Ponteareas este sábado día 3

adminON
Lectura mínima de 3

• Degustacións gratuítas de produtos galegos de primeira calidade

• De 12:00 horas a 14:30 horas estará na rúa Rogelio Groba con sesión vermú e bandas de música e de 20:00 a 22:30 horas na praia fluvial da Freixa

O concelleiro de Comercio do Concello de Ponteareas, Ricardo González, convida a toda a cidadanía a degustar produtos das rías galegas no foodtruck da Xunta de Galicia que visitará Ponteareas o sábado día 3 de agosto. De 12:00 a 14:30 horas o food truck da campaña “Galicia sabe amar” estará na rúa Rogelio Groba para unha sesión vermú acompañado de bandas de música e de 20:00 horas a 22:30 na praia fluvial da Freixa na beira de Bugarín.

Esta campaña da Consellaría do Mar, ten como obxectivo dar a coñecer o mellor das nosas rías galegas e fomentar o consumo de peixe e mariscos das nosas rías. No food truck de “Galicia sabe amar” comprobaremos o excelente sabor e calidade dos nosos produtos así como a versatilidade dos produtos do mar. Tamén nos achegaremos ao traballo que realizan os milleiros de profesionais que traballan na extracción, produción, comercialización e transformación das distintas especies para a súa posta a disposición dos consumidores.

“Galicia sabe amar” é unha campaña da Xunta de Galicia que nace no verán de 2021 para animar á cidadanía a través da retranca e dos dobres sentidos a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo.

Este ano a iniciativa sóbese ás catro rodas a través de catro foodtrucks que levan o sabor das rías galegas a máis de 250 municipios de toda España vinculados ao Camiño de Santiago. En cada parada os visitantes poden degustar algún dos 10 petiscos pensados para a campaña e realizados a base de produtos certificados do mar e da terra como o Berberecho de Noia, o Mexillón de Galicia, o bonito do norte ou os peixes e mariscos amparados polo selo de calidade pescadeRías.

Comparte este artigo