HomePontevedraO futuro tanatorio de Vilaboa, a un paso da Licencia Municipal que...

O futuro tanatorio de Vilaboa, a un paso da Licencia Municipal que dará inicia á obra

- Anuncio -spot_img

A funeraria San Marcos conclúe a tramitación administrativa e logra nun tempo récord os informes sectorais imprescindibles para obter o permiso do Concello

A empresa San Marcos, encargada da construcción do futuro tanatorio de Vilaboa, concluíu a tramitación administrativa do proxecto obtendo todos os informes sectorais favorables necesarios para tramitar a licencia municipal que lle permitirá iniciar os traballos. Así o anunciou o alcalde, César Poza nunha comparecencia na que estivo acompañado polo presidente dos comuneiros de Vilaboa, José Luis López; e o xerente da funeraria, Juan Perdiz.

Trátase dunhas instalacións polas que os veciños levan loitando un cuarto de século e que tivo que superar escollos administrativos habituais en proxectos destas características, segundo explicou Perdiz, que alabou o traballo conxunto dos técnicos da empresa e do Concello para solventar os imprevistos xurdidos. “Eso, xunto á vontade política de César Poza, facilitaron que a tramitación se resolve nun tempo récord”.

O presidente dos comuneiros amosou a súa satisfacción polo importante avance nunha infraestrutura enquistada desde hai máis de 25 anos, data na que a Comunidade mercou tres fincas para permutar nunha operación que non recibiu o respaldo autonómico. A comunidade de montes é a promotora deste ambicioso proxecto e asinou unha concesión a 30 anos coa empresa San Marcos á que cederá os 4.000 metros cadrados adquiridos para este fin. San Marcos será a encargada de executar os traballos para que os veciños e veciñas de Vilaboa poidan dispor dunhas instalacións que rondarán os 400 metros cadrados construídos. “Hoxe empeza a conta atrás”, asegurou.

“Xusto un ano despois de anunciar o proxecto sobre o terreo podemos decir que todo está listo para solicitar a licencia. Sen dúbida esta é unha boa noticia para Vilaboa”, apuntou tanto César Poza como Juan Perdiz e José Luis López, que o domingo dará conta do avance no proxecto no transcurso dunha asemblea da Comunidade de Montes.

O futuro tanatorio contará con dúas salas de velación, un amplo espazo común, cafetería, baños interiores e exteriores e diversas salas para ofrecer os servizos necesarios ás familias no momento do falecemento. Seguirá a liña estética que San Marcos imprime as súas instalacións, con espazos abertos e moita iluminación e no caso de Vilaboa inclúe tamén un patio interior que facilite a integración coa natureza. “Unhas instalacións alegres que aporten serenidade nun momento sempre complicado”, apuntou Juan Perdiz, que confía en que as obras se poidan iniciar “en breve”.

César Poza pola súa parte felicitou aos comuneiros pola súa xestión e constancia, que facilitará que Vilaboa conte cunhas instalacións innovadoras e funcionais que rematarán cos desplazamentos obrigados que realiza a veciñanza para velar aos seus defuntos.

Publicacións Relacionadas