O GDR Terra e Auga desenvolve un programa formativo con catro cursos e 78 horas prácticas e teóricas

adminON
Lectura mínima de 2

Últimos días para inscribirse no curso de iniciación ás comunidades enerxéticas do GDR Terra e Auga

En liña coa súa estratexia de desenvolvemento local e participativa o Grupo de Desenvolvemento Rural Terra e Auga pon en marcha un programa formativo cun total de  78 horas de duración para fomentar o emprendemento verde impartidos por profesionais, docentes e investigadores. Distribuídos en horas prácticas e teóricas conta co apoio do Programa Leader Galicia 14/20.

Unha vez rematado o curso de  iniciación á apicultura e o de panadería artesá a vindeira semana terá lugar o de iniciación ás comunidades enerxéticas con vinte horas de duración. Este novo curso será impartido polo Catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Vigo e responsable do Observatorio Eólico de Galicia, Xabier Simón, e pola técnica de EC4RURAL da Universidade de Vigo, Almudena Fiunte, no Centro de Dinamización Empresarial de Ponteareas (CEDEP) ubicado na Praza Maior.

O curso de iniciación ás comunidades enerxéticas promoverá o fomento do emprego verde e a formación de persoas futuras xestoras de comunidades enerxéticas. Ao mesmo tempo servirá para que entidades asociadas ao GDR Terra e Auga reciban formación e poidan valorar a conveniencia ou non de promover as comunidades enerxéticas no seu entorno próximo.

As persoas que desexen inscribirse deberán inscribirse no número de teléfono 986 663 329 ou no enderezo electrónico gdr@gdrterraeauga.gal.

Comparte este artigo