O Grupo de Desenvolvemento Rural Terra e Auga informa que está aberto o prazo de presentación de candidaturas para o posto de administrativa/o e o de técnica/o forestal que formarán parte do equipo do proxecto “Novas estratexias de valorización do bosque mixto Atlántico en Asturias e Galicia-Mixturando” e que se desenvolverá en alianza co GDR Limia Arnoia, co GDR Camín Real da Mesa(Asturias) e coa Universidade de Santiago de Compostela.
Esta iniciativa forma parte da convocatoria de proxectos transformadores para a promoción da bioeconomía ligada ao ámbito forestal e á contribución á transición ecolóxica convocada pola Fundación Biodiversidade e conta cunha axuda de 1.690.592,38 €, un 95% do investimento total. No caso do GDR Terra e Auga o importe da axuda recibida é de 512.028,22€.
Para dar apoio ao equipo do GDR Terra e Auga contratarase persoal cun contrato ata o 31 de decembro do ano 2025. O prazo de presentación de candidaturas estará aberto para o posto de administrativo ata o venres 4 de outubro e para o de técnico forestal ata o luns 7 de outubro, ambas as ata as 23:59 horas. As persoas que desexen máis información poderán obtela na sede electrónica do GDR Terra e Auga.
“En alianza con estes GDRs e coa Universidade de Santiago de Compostela desenvolveremos modelos técnico-económicos innovadores de aproveitamento do bosque mixto atlántico en diferentes contextos para xerar novos produtos de traballo de caliade e longa duración, vinculados ao sector primario. Isto permitirá xerar empregos máis atractivos, rendibles e resilientes para a poboación destes territorios”, explica o presidente, Pablo Castillo.
En liña coa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa 2023-2027,”Reverdecendo” que prima a protección dos espazos naturais e a reactivación dos terreos sen uso dunha maneira harmónica co medio, o presidente do GDR Terra e Auga, Pablo Castillo, e o xerente, Paco González, defenderán o papel dos dez concellos do territorio na transformación sostible do monte.
Mixturando traballará ao longo de 2024 e 2025, coas entidades locais, na creación de modelos de aproveitamento de bosque mixto nos tres territorios, baseando o proxecto na execución en campo, transformando superficie de monte comunal, ou de utilidade pública, en modelos de aproveitamento dos recursos naturais co fin de contribuír a modelos de economía verde nas áreas rurais con figuras de protección natural.
O GDR Terra e Auga trasladará ás entidades asistentes as súas liñas de traballo baseadas en tres liñas, no aproveitamento agroforestal coa recuperación de zonas de monte sen xestión para a ampliación dun oliveiral; no aproveitamento silvoganadero recuperando un zona de monte sen xestión para pasteiro con gando en extensivo (vacún e porcino) e no establecemento de modelos de aproveitamento forestal que permitan activar os terreos de monte sen uso para producir nun bosque mixto atlántico cunha alta diversidade biolóxica e altos servizos ecosistémicos e no que, por encima de todo, debe prevalecer a súa conservación.
“Novas estratexias de valorización do bosque mixto Atlántico en Asturias e Galicia-Mixturando” conta co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para la Transición Ecolóxica e el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.