HomePontevedraO Goberno de Salceda apoia os clubes que reclaman un novo pabellón

O Goberno de Salceda apoia os clubes que reclaman un novo pabellón

- Anuncio -spot_img

Os equipos deportivos instaron aos grupos políticos de Salceda a remar xuntos pero o PP non se enterou

O Goberno municipal de Movemento Salceda, acepta integramente a moción presentada polos clubes que utilizan o pavillón deportivo da localidade, sen ningún engadido e comprometeuse a seguir traballando para conseguir un segundo pavillón municipal, sen máis atrasos.

              Con todo, o noso grupo censura a actitude do Partido Popular neste pleno, tentando crear polémicas onde non existen. Xa de entrada non ten sentido  cuestionar que Movemento Salceda presentase a moción o Pleno en nome dos clubes. Hai que dicir que é unha obriga de Movemento Salceda presentar esa moción a pleno por cando ostenta o Goberno local, sen perxuízo de que os demais grupos puidesen sumarse, iso sí, sen engadir nin unha coma ao texto.  O pleno debateu unha iniciativa dos clubes, que foi defendida por eles, e foi aprobada sen ningún engadido, nin do PP nin de ningún grupo.

              O voceiro do PP, pretendeu desviar o tema con normativa urbanística. O que se pedía por parte dos colectivos era que se buscase financiación, non se falaba de ubicación nin normativa. O PP quere desviar a atención sobre o tema concreto e ademais non respectando a petición dos clubes que pedían que non se polemizara, senón que remaramos xuntos. É lamentable, que incluso cos clubes presentes, este grupo político mostre tan pouca altura e pretenda tentar desviar o tema sen respectar a petición dos clubes, con claro animo de retrasar as solucións.

O goberno local defende todas as propostas feitas ata agora que non foron posibles, e considera que a proposta presentada na anterior lexislatura realizouse polo goberno local con un gran esforzo e consenso cos clubes. Aínda que o tema foi desenvolvido polos nosos compañeiros e compañeiras do PSOE, con quen compartiamos goberno, non son responsables de que non se conseguiran as subvencións. Estamos convencidas e convencidos de que se fixo o mellor traballo que se poido facer entón, e creemos esa crítica do PP agora é extemporánea, extrañándonos que nada falase no seu momento sobre iso.

No seu ánimo de polemizar e desviar a atención do obxectivo, o PP fala de que en 18 anos os grupos de esquerda non fomos quen de aprobar o PXOM, sen dar conta que é principalmente a súa responsabilidade por rexeitalo no pleno no ano 2016

O PP non pode dicir que respalda aos clubes cando deturpa o contido da súa moción, que non era outra que remar todos e todas na mesma dirección para buscar financiación, e pon sobre a mesa un multiusos multidisciplinar, non exclusivamente deportivo, que non pediron os clubes e que retrasaría a solución moitos anos. Os clubes non queren o centro de feiras e congresos que ademais lles elimine as pistas exteriores, queren un pavillón que lles permita adestrar.

Lamentablemente creemos que o PP no pleno e na nota de prensa difundida hoxe saca a careta: non quere apoiar a financiación, quere retrasar o proxecto e crear un mamotreto multiusos que pode elevar a cifra ao doble do que falamos para un novo pavillón.

Dende o Goberno local so esperamos que a Xunta estea a altura e non se deixe levar polos delirantes pensamentos do PP de Salceda, querendo por en marcha un engranaxe que retrasaría o Polideportivo que nos merecemos de forma inmediata, cinco anos máis.

Publicacións Relacionadas