HomePontevedraDezaO Goberno de Vila de Cruces nega a cesión de cadeiras do...

O Goberno de Vila de Cruces nega a cesión de cadeiras do Concello para uso privado do ex alcalde Jesús Otero

- Anuncio -spot_img

O goberno de Xuntos Polo Noso Concello quere expresar a súa preocupación ante a recente solicitude do ex alcalde de Vila de Cruces, Jesús Otero, quen a través do rexistro municipal
pediu a cesión de 300 cadeiras do Concello para a presentación da súa candidatura política nun coñecido restaurante de Merza.

Consideramos inaudito que un ex alcalde, quen debería coñecer as normas e leis que regulan o uso dos bens públicos, faga unha petición como esta. O material do Concello, como neste caso as cadeiras, son para o uso público das mesmas e non para ser levadas a un negocio privado e menos para un evento persoal como é a presentación dunha candidatura política.

Dende o goberno actual, liderado polo alcalde Luis Taboada, negamos esta solicitude, e queremos facer saber ao señor Otero que o Concello de Vila de Cruces xa non é o seu casarío para usar a seu antollo. Despois de 30 anos facendo e desfacendo no Concello, é hora de que o señor Otero comprenda que os bens públicos son para o beneficio da cidadanía e non para intereses persoais.

Neste sentido, o alcalde Taboada deixou claro que o seu goberno non permitirá este tipo de actuacións e seguirá traballando para garantir a transparencia e o bo uso dos recursos públicos. As cadeiras do Concello son para ser utilizadas en actos públicos e non para eventos privados.

Por tanto, facemos un chamamento á responsabilidade e ao respecto das normas e leis que regulan o uso dos bens públicos. Esperamos que o señor Otero comprenda que o seu tempo no Concello rematou e que o seu comportamento non é tolerable no actual goberno municipal.

Publicacións Relacionadas