Home Tabeirós A Estrada O goberno local completa a instalación de 3.000 luminarias LED en 12...

O goberno local completa a instalación de 3.000 luminarias LED en 12 parroquias estradenses

- Anuncio -

o O alcalde destaca que a veciñanza está a ter un “retorno moi positivo” con esta mellora que permitirá “reducir un 70% o consumo” e aumentar a cantidade de luz

o O proxecto, no que se leva investido máis dun millón de euros, estará rematado a finais deste ano

O goberno local vén de rematar os traballos de renovación do alumeado público nunha ducia de parroquias estradenses grazas á instalación de 3.000 luminarias LED cun investimento superior ao millón de euros. No que vai de ano xa se executaron prácticamente a totalidade das obras en Ouzande, A Somoza, Tabeirós, Nigoi, Souto, Arca, Codeseda, Sabucedo, Liripio, Ribela, Parada e Guimarei.

Na actualidade estase a traballar no alumeado de Lagartóns e Callobre e, ao mesmo tempo, están a levar a cabo o cambio de postes de madeira por outros novos de formigón. Ata agora xa se mudaron 400 apoios dos puntos de luz, e esta actuación continúa en Vinseiro e Cereixo.

O alcalde, José López, sinalou que a veciñanza do rural está a ter un “retorno moi positivo” con estos traballos e destacou o “esforzo tan importante que supón este proxecto”, no que o Concello está a investir 6,5 millóns de euros para aumentar a capacidade lumínica en 12.500 puntos de luz e mellorar a súa eficiencia reducindo o seu consumo. López precisou que a finalización destas actuacións, prevista para finais de ano, conlevará un “impacto económico sen precedentes ao poder reducir ata un 70% o consumo eléctrico da Estrada”.

Grazas a este aforro, o rexedor local avanzou que se van restablecer puntos de luz que foran eliminados no seu día pola crise económica e tamén se valorará a colocación de novas luminarias en zonas do rural pouco iluminadas atendendo ás peticións da veciñanza.

Durante o mes de xuño, os traballos de instalación de luminarias LED continuarán nas parroquias de San Pedro de Ancorados, Remesar, Agar, San Tomé de Ancorados, Rubín, Lamas, Curantes, Olives e Pardemarín.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas