Home Pontevedra Caldas O goberno local de Valga obrigado a solicitar un novo préstamo de...

O goberno local de Valga obrigado a solicitar un novo préstamo de 653.000€ para poder pagar os 500.000€ pendentes do préstamo anterios

- Anuncio -

A Xunta de Galicia e Ministerio de Hacienda instan ó Concello de Valga a que “aprobe medidas estruturais de aumento de ingresos e redución de gastos que garantan o cumprimento do PMP”.

O goberno local de Valga remataba o 2022 solicitando un novo préstamo á Abanca. Esta vez por valor de 653.000 €, o importe límite para que a decisión non tivese que pasar polo pleno municipal.
Mediante decreto de alcaldía, foi aprobada a solicitude de concertar un novo préstamo. Son catro anos consecutivos nos que o goberno popular se ve obrigado a acudir a préstamos para poder rematar o ano. O primeiro foi a finais de 2019 por valor de 600.000 €, en 2020 solicitáronse 400.000 €, a finais do 2021 pedíronse prestados 700.000 €, e por último, antes de rematar o ano 2022 tramitouse o de 653.000 €.

Este ano a situación é máis complicada pois case a totalidade deste préstamo foi para pagar os aprox. 500.000 € que estaban sen amortizar dos 700.000 € solicitados no 2022. O goberno foi incapaz de cumprir as condicións de pago asumidas nese préstamo: o concello debía abonar no 2022 o 100% do préstamo, a razón de 35.000 € por mes (de xaneiro a xuño) e de 80.000 €/mes aprox. (de xullo a decembro).
Os 153.000 € restantes foron para pagos de facturas correntes, facturas pendentes de pago de provedores e servizos prestados ao concello por empresas privadas.

A nosa portavoz: “Esta deriva económica de acudir a préstamos bancarios para pagar préstamos anteriores demostra que a mala situación económica municipal non é algo puntual, levamos catro anos nos que a débeda municipal aumenta, nos que os ingresos diminúen de xeito importante e o gasto está descontrolado. Un concello non pode recorrer a préstamos para pagar préstamos anteriores, esto está abocando ao concello a unha situación perigosa. E non só o di o PSOE, son varios os informes técnicos municipais nos últimos anos que advirten disto”.

Está claro que o goberno local fai oídos xordos ós informes económicos do interventor municipal que leva advertindo dende fai uns catro anos que a xestión económica local necesita medidas de corrección, advirte dende o 2019 nos seus informes anuais a necesidade de realizar un “Plan de Acción no que se determinen as medidas a adoptar para emendar as debilidades e as deficiencias, os erros e incumprimentos detectados. As contas municipais incumpren a estabilidade orzamentaria, a regra de gasto e o período medio de pago a provedores (PMP).”

A esto último tivo que responder o goberno local despois de recibir dous requirimentos formais. O primeiro da Xunta (a través da Dirección Xeral de Política Financeira) no que se requiría a toma de medidas para o cumprimento do PMP, actualización do plan de tesourería en canto a especificar os importes destinados cada mes ó pago a provedores; e posteriormente o Ministerio de Hacienda no que “insta á corporación local a que aprobe medidas estruturais de aumento de ingresos e redución de gastos que garantan o cumprimento do PMP”.

Relacionadas

O programa Navega con Rumbo chega ao IES VAL DO TEA

0
A Escola de Nais e Pais do IES Val do Tea acolle a súa segunda xornada. O programa Navega con Rumbo da Consellería de...

O BNG de Meaño lamenta que os grupos da corporación municipal non apoiaran a...

0
A Alcaldía non admitiu a debate a moción de urxencia sobre os verquidos do Río da Chanca. O BNG de Meaño defendeu no Pleno celebrado...

Luis López sinala o turismo e a hostalaría como dous motores para o desenvolvemento...

0
O presidente da Deputación participa na entrega de premios aos profesionais do sector que organizan as asociacións provinciais de empresarios da hostalaría e hospedaxe A...

Abre a presentación de ofertas para explotar o Bar de Portocelo

0
A concesión será por dous anos, con posibilidade de prórroga doutros dous, cunha proposta de renda mensual de 236 euros, máis IVE. O prazo...

Ampliase o prazo do sorteo de 100 tarxetas regalo polo Día da Nai

0
O Concello ampliou o sorteo de tarxetas regalo ata o 5 de maio, a partir de 30 euros de compra. As persoas participantes poderán...

Abre a convocatoria de participación na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu vén de...

Publicacións Relacionadas