Home Deputacións Deputación Pontevedra O Grove desenvolverá dous proxectos de recuperación de espazo público grazas ás...

O Grove desenvolverá dous proxectos de recuperación de espazo público grazas ás subvencións Ágora 2022

- Anuncio -

A Xunta de Goberno aprobou hoxe o financiamento para redactar as actuacións de humanización das rúas Extremadura, Rioxa, Valencia e Entrehortas no concello meco

O Grove recibirá en breve unha nova inxección de cartos provinciais para redactar dous proxectos de recuperación de espazo público grazas ás subvención Ágora deste 2022. A Xunta de Goberno de hoxe na Deputación deu o visto bo ás axudas do concello meco pola axilidade amosada ao entregar toda a documentación, incluíndoo no primeiro grupo de beneficiarios, segundo explicou o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, quen explicou que nunha seguinte fase aprobaranse os proxectos doutros 21 concellos que deberán presentar ou corrixir a información presentada.

En total a primeira quenda das ‘Subvencións Ágora 2022’ aprobada hoxe permitirá redactar 24 proxectos de recuperación de espazo público en sete concellos da provincia por valor de 305.000 euros nos municipios de O Rosal, Covelo, Tomiño, Tui, As Neves, e Ponteareas –ademais de O Grove- para deseñar peonalizacións, espazos urbanos de estancia, sendas peonís e ciclistas e outro tipo de actuacións que mellorarán a calidade urbana de vilas e núcleos favorecendo a mobilidade a pé e en bicicleta.

No caso do municipio do Salnés, a axuda ascende a 44.104 euros e permitirá a redacción dos proxectos de humanización das rúas Extremadura, Rioxa e Valencia (valorado en 25.410 euros) e da rúa Entrehortas (valorado en 23.595 euros).

As subvencións Ágora, lembrou Benítez, estaban destinadas aos concellos adheridos á rede Ágora de menos de 50.000 habitantes, que podían recibir o 90% do custe de redacción dos proxectos presentados, ata un máximo de 50.000 € por concello. As axudas contemplan dúas casuísticas: A primeira é a redacción de proxectos de recuperación de espazos que actualmente están ocupados por tráfico a motor para devolvérllelos ás persoas. A segunda supón unha novidade: proxectos para a creación ou mellora de espazos segregados para a circulación peonil e ciclista, é dicir, para sendas peonís ou ciclistas anexas a vías existentes que non contan na actualidade con espazos adecuados para este tipo de desprazamentos.

No caso de recuperación de espazos, o proxecto debe supoñer un incremento mínimo do espazo peonil no ámbito de actuación dun 50 % con respecto ao existente na actualidade, e os espazos gañados para as e os peóns deberán ter unha superficie mínima de 300 metros cadrados. No caso de creación ou mellora dun espazo segregado de circulación peonil e/ou ciclista onde non existía un espazo adecuado para este tipo de mobilidades o itinerario peonil deberá ter unha superficie mínima de 100 metros e un largo mínimo de 2,5 metros. Finalmente, o proxecto pode combinar as dúas casuísticas seguindo os criterios establecidos nas bases.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas