Home Pontevedra Caldas O Grove, Sanxenxo, Vilagarcía e Valga participaran no viaxe do Revitaliza para...

O Grove, Sanxenxo, Vilagarcía e Valga participaran no viaxe do Revitaliza para coñecer “in situ” diferentes sistemas de recollida de residuos

- Anuncio -

A Deputación pretende que a xeira, na que se verán diferentes variantes do ‘Porta a Porta’ en Navarra, País Vasco e Cataluña, sexa de proveito para cumprir os obxectivos de reciclaxe marcados pola nova normativa

O Grove, Sanxenxo, Vilagarcía e Valga serán catro dos concellos da provincia que participarán na viaxe organizada dende o servizo do Revitaliza da Deputación de Pontevedra para coñecer e estudar no terreo sistemas de recollida de residuos tipo ‘Porta a Porta’ (PaP), ‘Pago por xeración’ (PpX) e visitar diferentes instalacións de compostaxe mixta de biorresiduos agrogandeiros e municipais en Navarra, País Vasco e Cataluña.

A viaxe desenvolverase entre o 22 e o 27 de maio cunha grande intensidade de paradas, charlas e visitas e a Deputación correrá cos gastos de traslado, aloxamento e manutención. A xeira foi dirixida preferentemente a cargos políticos dos concellos e ao persoal técnico municipal de residuos co obxectivo de que sexa de proveito para tomar decisións coas que cumprir os obxectivos de reciclaxe marcados pola nova normativa dentro dos concellos.

Estarán presentes na comitiva a alcaldesa de Ponteareas Cristina Fernánde Davila, o alcalde de A Cañiza Luís Gómez Piña,e o de Mondariz Xosé Emilio Bello. No caso de Tomiño tomarán parte da viaxe os concelleiros José Luís Vázquez, Ana Belén Casaleiro e o mestre composteiro José Manuel Prado; de A Guarda irá a concelleira Montserrat Magallanes.

No caso do Condado haberá representación de Mondariz tamén polo concelleiro Leopoldo Tato Bello e o mestre composteiro Miguel Vilas. De As Neves irá o concelleiro de Medio Ambiente Óscar González Álvarez e a mestra composteira Victoria Varela e de Vilagarcía representación do concelleiro Lino Mouriño e a mestra composteira Ángela Chenlo. De O Grove irá a concelleira Ángeles Domínguez e o responsable de obras Antonio Fontoira. Por parte de Poio irán o concelleiro Julio Casás e a mestra composteira Susana Terrón.

De Soutomaior, Sanxenxo, Tui e Valga, así como da Mancomunidade do Morrazo (Bueu, Cangas e Moaña) irá diferente persoal técnico.

Cabe lembrar que os prazos para cumprir cos obxectivos de reciclaxe están vencidos xa, posto que en xuño de 2023 é obrigado ter preparado para reciclar o 50% dos residuos, en 2025 esixirase reciclar o 55%, o 60% en 2030, e o 65% en 2035. Os resultados actuais distan moito na realidade, xa que a provincia apenas chega ao 15%. De feito os únicos municipios que se aproximaron a cumprir no Estado– con arredor do 40% de reciclaxe- foron varios concellos Revitaliza (Vilaboa, As Neves, Mondariz e Mondariz Balneario) que quedaron ás portas polas dificultades de seguir aplicando o programa de compostaxe debido á pandemia da COVID.

Programa
A saída dende Pontevedra cara destino será o domingo 22 de maio, para iniciar o ‘traballo’ propiamente dito o luns pola mañá no lugar de Cripán na Rioja Alavesa, onde se visualizará a recollida PaP deste lugar -que se fai cedo polas mañás-. Despois partirase cara a Mancomunidade de Sakana onde se visitará a planta compostaxe, para logo chegar a Usurbil onde representantes do concello amosarán a súa recollida PaP, falarán do seu incipiente pago por xeración. A visita rematará na planta de compostaxe da zona.

O martes 24 o grupo de representantes da provincia pontevedresa chegarán a Zaldivia onde haberá unha recepción por parte do tenente alcalde. Tamén verán a recollida PaP que antes era de todas as fraccións, pero que agora non inclúe a FORM xa que é tratada mediante composteiros comunitarios e individuais. Visitarase a planta de cribado da zona e o sistema de trazabilidade. Seguidamente faranse visitas similares en Itxasondo e na planta de Josenea. Para finalizar a xornada chegarase ao concello de Sort onde haberá unha recepción por parte das autoridades locais, unha pequena explicación técnica e un seguimento da recollida PaP dos residuos que se realiza todas as noites no municipio entre as 22.30 e 23.30 horas.

O mércores 24 comezará cunha explicación do proxecto PaP no Consell Comarcal do Pallars Sobirá, á seguirá cunha visita á planta de compostaxe de Sort e á de Clariana de Cardener. Haberá unha benvida institucional no Consell del Solsonés, onde haberá unha explicación técnica do PaP e tamén da planta mixta de compostaxe. Pola tarde irase á Mancomunidade de La Plana, tamén cunha benvida institucional, para despois coñecer a incorporación da tecnoloxía á recollida de residuos no PaP da zona, así como tamén como se está a implementar a ‘Taxa xusta’ e como se están a desenvolver as obras da planta de compostaxe. Tamén se visitará a planta de compostaxe de Malla e farase unha visita da recollida PaP en Folgueroles (orgánica con tecnoloxía) e Taradell (orgánica sen tecnoloxía).

O xoves 26 de maio comezará en Argentona cunha benvida institucional das autoridades locais e a explicación do PaP e a ‘taxa xusta’ que xa leva implantada na zona un tempo. A comitiva galega desprazarase despois a un barrio céntrico de Barcelona (Sant Andreu) para ver ‘in situ’ a recollida PaP. Seguidamente coñecerase a planta de compostaxe de L’Espluga de Francolí, para partir despois cara a Lleida e supervisar a recollida PaP en catro barrios da vila e manter un encontro cos e coas responsables municipais.

Relacionadas

O programa Navega con Rumbo chega ao IES VAL DO TEA

0
A Escola de Nais e Pais do IES Val do Tea acolle a súa segunda xornada. O programa Navega con Rumbo da Consellería de...

O BNG de Meaño lamenta que os grupos da corporación municipal non apoiaran a...

0
A Alcaldía non admitiu a debate a moción de urxencia sobre os verquidos do Río da Chanca. O BNG de Meaño defendeu no Pleno celebrado...

Luis López sinala o turismo e a hostalaría como dous motores para o desenvolvemento...

0
O presidente da Deputación participa na entrega de premios aos profesionais do sector que organizan as asociacións provinciais de empresarios da hostalaría e hospedaxe A...

Abre a presentación de ofertas para explotar o Bar de Portocelo

0
A concesión será por dous anos, con posibilidade de prórroga doutros dous, cunha proposta de renda mensual de 236 euros, máis IVE. O prazo...

Ampliase o prazo do sorteo de 100 tarxetas regalo polo Día da Nai

0
O Concello ampliou o sorteo de tarxetas regalo ata o 5 de maio, a partir de 30 euros de compra. As persoas participantes poderán...

Abre a convocatoria de participación na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu vén de...

Publicacións Relacionadas