HomePontevedraPoioO Grupo América de Vigo estreará en Raxó o vindeiro 31 de...

O Grupo América de Vigo estreará en Raxó o vindeiro 31 de marzo a primeira edición do “Primaveira en Poio”

- Anuncio -spot_img

• O concelleiro de Festexos, Xosé Luís Martínez (BNG), confirma que a esta actuación seguiralles os concertos de Los Satélites (San Salvador, 1 de abril), Panorama (Combarro, 2 de abril), Marbella (Samieira, 30 de abril) e París de Noia (Campelo, 16 de abril)

• Dentro deste novo programa tamén se inclúe o Sons de Ánkar, que o 29 de abril estreará formato coas Tanxugueiras como cabeza de cartel

O concelleiro de Festexos, o nacionalista Xosé Luís Martínez, deu a coñecer este mércores boa parte da programación da primeira edición do ‘Primavera en Poio’, unha iniciativa que fará que actúen no municipio, en diferentes datas, orquestras e grupos musicais moi coñecidos e de gran relevancia “máis aló das nosas fronteiras”. Tal e como xa se tiña anunciado, a batería de concertos dará comezo o 31 de marzo e concluirá o 16 de maio.

Os encargados de estrear esta nova oferta lúdica serán os compoñentes do Grupo América de Vigo, que darán o pistoletazo de saída á programación en Raxó, nas inmediacións do recinto portuario, o venres 31 de marzo. Será esa unha das grandes fins de semana da primavera, xa que o sábado 1 e o domingo 2 de abril, chegarán ás parroquias de San Salvador (praza da igrexa) e de Combarro (Praza da Chousa), respectivamente, Los Satélites e Panorama, para ofrecer os seus espectáculos musicais.

Posteriormente, xa o domingo 30, Samieira, na Praza Alfredo Romay, acollerá unha actuación a cargo da orquestra Marbella. O peche ao ‘Primavera en Poio’ será o martes 16 de maio, na véspera do Día das Letras Galegas, con París de Noia e Los Coleguitas, na Praza da Granxa de Campelo. Xosé Luís Martínez lembra, asemade, que dentro do ‘Primavera en Poio’ tamén se inclúe o renovado Sons de Ánkar, que, logo de varias edicións desenvoltas a principios de verán, cambia de data e de formato, pasando a celebrase o sábado 29 de abril, coas Tanxugueiras como grandes protagonistas. Nas vindeiras datas darase a coñecer o resto de integrantes do cartel. Todos estes concertos serán de carácter gratuíto.

Publicacións Relacionadas