Free Porn
xbporn
Home Pontevedra O Grupo Municipal Socialista de Redondela demanda manter o actual canon de...

O Grupo Municipal Socialista de Redondela demanda manter o actual canon de Sogama

- Anuncio -

– Os socialistas levarán ao próximo pleno do mes de agosto unha moción na que instan á Xunta de Galicia “a que non suba o canon da xestión dos residuos e que non obriguen a pagar á veciñanza e aos Concellos a deficiente xestión que fai de Sogama”.

– O grupo municipal socialista esixe ao goberno galego “que mude a súa política de xestión de residuos cara unha xestión descentralizada con plantas de proximidade, primando a redución e a reciclaxe fronte á incineración e o depósito en vertedoiros”.

O Grupo Municipal do PsdG-PSOE de Redondela presenta unha moción para o seu debate no Pleno da Corporación contra a subida do novo canon de Sogama. Os socialistas levarán ao próximo pleno do mes de agosto unha moción na que instan á Xunta de Galicia “a que non suba o canon da xestión dos residuos e que non obriguen a pagar á veciñanza e aos Concellos a deficiente xestión que fai de Sogama”.

O grupo socialista lembra que SOGAMA estableceu en 2019 a bonificación do 10% no canon de lixo aos Concellos que se comprometeran a reducir o volume de lixo e envases lixeiros asi coma a repercutir esta rebaixa nos recibos á veciñanza. En 2023 SOGAMA tivo a intención de suprimir esta bonificación “pero ante a resposta social e por parte dos concellos que esta medida ocasionou, finalmente o goberno galego tivo que recuar e substituíu esta medida pola bonificación do 15% condicionada especificamente á implantación do contedor marrón e ao traslado aos recibos da rebaixa”. O pasado mes de xuño SOGAMA anunciou a eliminación desta bonificación do canon para os meses que quedan de 2024 quedando a cantidade a abonar en 66,01 €/t para todos os Concellos e unha suba para 2025 de 78 €/t de media. E concretamente, o Concello de Redondela está pagando un canon de 88,05 euros por tonelada dende o mes de xullo ata o mes decembro. Para compensar esta suba anuncia SOGAMA que disporá do fondo de cooperación local, o que reducirá en 12 € esta suba quedando, finalmente, en 66,01 € a cantidade a abonar tamén en 2025.

O motivo que alega a entidade para xustificar esta suba é o imposto estatal regulado na Ley 7/22, de 8 de abril de Residuos y suelos contaminados. A realidade é que esta lei ven regular un imposto que impón unha Directiva Europea do ano 2018 que grava a incineración e o depósito en vertedoiros “por ser formas medioambientalmente menos recomendables para a xestión de residuos” e que na actualidade son as formas preferentes de SOGAMA (incineración 60%; Vertedoiro 21%). O grupo socialista explica que SOGAMA ten que asumir este imposto “pola súa obsoleta xestión e por non ter mudado a forma de tratar os residuos desde 2010”. Con todo, nos orzamentos da Xunta 2024 estímase que a empresa terá uns beneficios anuais de aproximadamente 300.000 € “polo que non é certo que sexa deficitaria”. Os socialistas denuncian que a Xunta “non está a cumprir as recomendacións europeas no referente á xestión de residuos e isto fai que esteamos moi lonxe de cumprir os obxectivos de redución e reciclaxe marcados”.

O grupo municipal socialista denuncia esta situación e esixe ao goberno galego “que mude a súa política de xestión de residuos cara unha xestión descentralizada con plantas de proximidade, primando a redución e a reciclaxe fronte á incineración e o depósito en vertedoiros, axudando economicamente aos Concellos para a implantación do contedor marrón ou formas análogas de tratamento diferenciado dos residuos orgánicos”.

Por outra banda, demanda á Xunta de Galcia “que non utilice o fondo de cooperación local, cuxo obxecto é levar a cabo investimentos nos diferentes Concellos, para compensar o gravame derivado da súa nefasta xestión”.

O grupo municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Redondela solicitará o apoio do Pleno da Corporación para instará  Xunta de Galicia a manter o canon actual de 66,00 euros por cada tonelada de residuos domésticos xestionada, e tamén a actual bonificación do 15%. Tamén demandan axudas económicas ao Concello de Redondela para implantación de medidas que contribúan á reciclaxe dos biorresiduos. Por outra banda esixen “medidas urxentes” cara modificar a actual política de xestión de residuos “primando a redución e a reciclaxe fronte á incineración e o depósito en vertedoiros”. Na moción solicitan ademais ampliar as plantas de biorresiduos existentes coma estaba previsto no Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia 2016-2022 para favorecer a xestión de proximidade.

Relacionadas

Tomiño celebra o Scratch Day 2024 cun seminario gratuíto para a rapazada

0
Neste curso de balde achegaranse ao mundo da programación desenvolvendo videoxogos deportivos. Será o sábado 21 de setembro na Aula CeMIT TA paixón polos videoxogos...

A Escola de Teatro de Tomiño sube o pano para o curso 2024/2025

0
As clases comezarán o vindeiro 1 de outubro. As persoas interesadas en participar poden facer xa a súa inscrición a través da web do...

A Deputación ultima o prazo para que os deportistas de alto nivel da provincia...

0
A institución provincial aumentou o crédito dedicado a esta liña de subvencións, que se poden solicitar ata o martes 17 de setembro, nun 10%...

O Concello acolle un novo seminario deste programa da Universidade de Vigo que busca...

0
O Rosal estrea curso lectivo cunha nova sesión das Mareas de Coñecemento, un proxecto da Universidade de Vigo que busca achegar o saber científico,...

Un total de 66 ‘Autos Tolos’ protagonizarán este sábado a popular Baixada de Carrilanas...

0
O evento está organizado este ano entre o Concello de Nigrán e a Asociación Cultural A Camoesa, que disporá de 35 voluntarios A proba terá...

O GDR Terra e Auga presentará as novas estratexias LEADER

0
O GDR Terra e Auga convida a participar na xornada de presentación das novas estratexias LEADER que terá lugar na Casa da Xuventude das...

Publicacións Relacionadas