Home Pontevedra O Grupo provincial do PP solicita ao Estado a conxelación inmediata das...

O Grupo provincial do PP solicita ao Estado a conxelación inmediata das tarifas da AP-9 e que non se siga perxudicando á economía dos galegos e galegas que a diario teñen que usar dita autoestrada

- Anuncio -

● A AP-9 conta xa na actualidade con algúns treitos, emprazados principalmente na provincia de Pontevedra, coas peaxes por quilómetro máis elevadas de toda España.

● Esta situación vaise ver agravada novamente a partires do próximo 1 de xaneiro pola actualización do seu prezo por parte do Goberno de España, xa que se atisba unha suba de alomenos un 4%.

● Con estes parámetros, a peaxe entre as cidades de Vigo e A Coruña superará por vez primeira a barreira dos 20 € euros por circular durante só 160 quilómetros.

● Desde o PP Provincial indican que a solución inminente pasa polo establecemento inmediato de bonificacións universais a partires do próximo 1 de xaneiro e que as tarifas queden, de facto, conxeladas para os usuarios.

Os deputados provinciais do PP de Pontevedra veñen de rexistrar unha moción solicitando ao Ministerio de Transporte y Movilidad Sostenible a que proceda á conxelación das tarifas de peaxe da AP-9 a partires do 1 de xaneiro de 2025, e que non se siga perxudicando á economía dos galegos e galegas que a diario teñen que usar dita autoestrada para os seus desprazamentos.

A Autoestrada AP-9 ten na actualidade un custe nalgúns dos seus treitos, emprazados principalmente na provincia de Pontevedra, coas peaxes por quilómetro máis elevadas de toda España. Esta situación vaise ver agravada novamente a partires do próximo 1 de xaneiro pola actualización do seu prezo por parte do Goberno de España, xa que se atisba unha suba como consecución dos efectos da inflación e a falta de que se confirme a suba exacta que pretende aprobar o Goberno de España, todo apunta a que dita alza será, de alomenos un 4%, un incremento excesivo e que ademais se suma a unhas tarifas xa desorbitadas para os usuarios.
Con estes parámetros, a peaxe entre as cidades de Vigo e A Coruña, que actualmente está fixada en 19,40 euros, superará por vez primeira a barreira dos 20 euros por circular nun sentido para cubrir os seus 160 quilómetros. A totalidade do trazado, entre Ferrol e Tui e a fronteira portuguesa, pasará de custar máis de 27 euros no canto dos 25,50 euros nos que está fixado hoxe en día.
“Por elo, e á espera de que se tramite, por parte do Goberno de España, a liberalización de tarifas e a implementación da súa gratuidade universal –comprometida polo PSdeG na campaña das pasadas eleccións autonómicas– e o ulterior traspaso da súa titularidade a prol da Comunidade Autónoma de Galicia –aprobada no Parlamento e no Congreso dos Deputados–, consideramos que hai que poñer couto urxente a estas subas adoptando medidas económicas para deixar de prexudicar aos cidadáns”, indicaron os populares.
Neste senso, desde o PP Provincial indican que a solución inminente pasa polo establecemento inmediato de bonificacións universais a partires do próximo 1 de xaneiro e que as tarifas queden, de facto, conxeladas para os usuarios.
Esta reclamación formulada desde o PP Provincial, é complementaria e subsidiaria da petición unánime e urxente que hai desde Galicia, liderada desde o PP, para que o Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible proceda, á maior brevidade posible, á liberalización e gratuidade das tarifas da AP-9 e o seu posterior traspaso a prol da Xunta de Galicia, como se está facer noutras rexións.

Mantemento da gratuidade dos bonos de media distancia
Ademais, os populares lembraron que no pasado pleno do mes de outubro presentaron unha moción solicitando ao Ministerio de Transporte o mantemento da gratuidade dos bonos de viaxes para os trens de Media Distancia para o ano 2025 e sucesivos, co propósito de favorecer o avance da mobilidade sostible na provincia de Pontevedra e no resto de Galicia.

“Parece que o Goberno de España no que se refire á mobilidade na nosa comunidade, non fai máis que poñer atrancos. Temos dende o AVE, ata a AP-9, a retirada dos bonos nos trens, aos que tamén se sumas as constantes incidencias rexistradas nos servizos ferroviarios galegos a diario, e atopámonos con que os tempos da viaxe se incrementan debido á rebaixa dos límites de velocidade por un mal mantemento das infraestruturas”, lamentaron os populares.

Relacionadas

Tui aposta pola eficiencia enerxética renovando as luminarias dos accesos á cidade

0
Co cambio a led deixaranse de emitir 51,46 toneladas de CO2 O Concello de Tui vai proceder ao cambio das luminarias dos accesos á cidade...

O 53% do alumnado do Programa Integrado de Emprego de Ponteareas acadou a inserción...

0
• A Xunta destinou máis de dous millóns de euros en obradoiros e programas de inserción laboral • Cen persoas comezaron hoxe o segundo Programa...

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

Publicacións Relacionadas