Home Deputacións Deputación Pontevedra O grupo socialista denuncia no pleno “o desastre do transporte regular por...

O grupo socialista denuncia no pleno “o desastre do transporte regular por estrada” e esixe ao goberno de Luis López que faga valer as necesidades da provincia fronte á inacción da Xunta

- Anuncio -

O PSdeG lamentou tamén a moción do PP pedindo melloras nas estradas do Estado “cando esquecen o lamentable estado das vías autonómicas, recortan o orzamento da Deputación en infraestruturas e teñen o Plan Estratéxico de Vías Provinciais 2030 metido nun caixón”

O Grupo provincial do PSdeG-PSOE denunciou hoxe no pleno da Deputación o “desastre do transporte regular por estrada na provincia” que está a provocar centos de queixas e denuncias cidadás e que achacou directamente “á inoperatividade da  Xunta de Galicia e á falta de control sobre as concesionarias que, como lembrou o deputado Javier Mougán, “día si e día tamén temos autobuses cheos, que abandonan persoas nas paradas provocando problemas graves laborais e persoais á cidadanía. A falta de horarios, de liñas e as continuas irregularidades esixen que a Deputación se poña as pilas fronte á inacción da Xunta e defenda as necesidades desta provincia”. Por elo, apelou ao goberno a instar á Xunta a corrixir as deficiencias e a máis inspeccións para sancionar con dureza ás empresas que incumpren.

O grupo socialista lamentou o voto en contra do PP á moción e lembrou a recente reunión do presidente Luis López cos alcaldes e alcaldesas para falar da Axencia Urbana “onde os concellos falaron da necesidade urxente e inaprazable de mellorar a situación do transporte regular e, máis, cando o Estado puxo en marcha bonificacións históricas achegando o 25% do custo dos billetes obrigando ás comunidades autónomas a achegar outro tanto, algo que a Xunta terminou aceptando a regañadentes”. Por elo, instou a crear una comisión que analice as necesidades do servizo na provincia e a manter a bonificación autonómica unha vez que rematen as estatais.

Igualmente, o PSdeG-PSOE criticou o voto negativo do goberno da Deputación á emenda socialista para engadir á moción do PP, na que esixía a mellora de 11 vías da rede estatal, “a lamentable situación das estradas autonómicas na provincia e a recuperación do investimento nas estradas provinciais”. O deputado Gregorio Agís, responsable de infraestruturas no anterior goberno da Deputación, lamentou que o executivo de Luis López “dimitira desde o principio nunha materia na que fomos referente en todo o Estado e o PP teña agora a cara dura de pedir actuacións de mellora do firme e de seguridade viaria nas once estradas da rede estatal esquecendo adrede o desastre das vías autonómicas e o hachazo que meteron no orzamento provincial. Non entendemos, dixo Agís, como esta Deputación non defende tamén a necesidade dunha reforma integral e a modernización de toda a rede da Xunta salvo por interese partidista”

Ante o rexeitamento do PP á emenda socialista o deputado informou da abstención do seu grupo á moción, insistiu na necesidade de recuperar os convenios con todos os concellos, “e non so cos que goberna o PP”, e a desenvolver “dunha vez o Plan Estratéxico de Vías Provinciais 2030 que era a auténtica folla de ruta para modernizar a rede provincial de estradas”.

Relacionadas

O concello de Salvaterra de Miño organizaun ano máis un curso de defensa persoal...

0
O Concello de Salvaterra de Miño organiza para o mes de marzo un curso de defensa  persoal para mulleres. A finalidade é a apredizaxe...

A vicepresidenta Luisa Sánchez clausura na sede da Deputación en Vigo o III Torneo...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, clausurou esta tarde na Sede da Deputación en Vigo o III Torneo Nacional de Debate. Sánchez...

A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste á VIII Gala Solidaria Bicos de Papel

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este sábado no Teatro Salesianos á VIII Gala Solidaria Bicos de Papel, que celebrou esta...

15 maiores reciben atención nun proxecto pioneiro en Parderrubias

0
O Concello achegou parte dos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero para este proxecto               A xefa da unidade contra a...

O BNG levará ao Parlamento unha iniciativa para que a Xunta regule as plantacións...

0
Os deputados nacionalistas Brais Ruanova, Sonia Vidal e Ariadna Fernández  reuníronse coa Asociación de Veciños de Carregal para coñecer as súas inquedanzas sobre as...

O departamento de Infraestruturas e Sostibilidade denuncia actos vandálicos contra a iluminación pública e...

0
- Nos últimos días rexistráronse varios casos de roturas en lámpadas de farois causadas por disparos de escopetas de aire comprimido na avenida de...

Publicacións Relacionadas