Home Pontevedra Baixo Miño O historiador Domingo González Lopo intervén no ciclo de conferencias sobre o...

O historiador Domingo González Lopo intervén no ciclo de conferencias sobre o retablo da batalla de Lepanto

- Anuncio -

Será mañá martes ás 19.30 h na igrexa de San Domingos dentro do ciclo organizado co gallo do 450 aniversario da batalla naval

O historiador Domingo González Lopo pronunciará mañá, martes 19 de outubro, ás 19.30 horas unha nova conferencia, na igrexa de San Domingos. Será dentro do ciclo de conferencias e visitas guiadas que organiza o Concello de Tui en torno ao retablo de Nosa Señora do Rosario da Igrexa de San Domingos no 450 aniversario da Batalla de Lepanto que é o principal motivo iconográfico deste singular retablo barroco.

A conferencia do profesor da Universidade de Santiago de Compostela, Domingo González Lopo, titúlase “A devoción a Nosa Señora do Rosario e as súas confrarías na Galicia do Barroco”. Nesta intervención analizará o papel que xoga a confraría do Rosario tudense como promotora da construción deste retablo.

A asistencia e libre ata completar o aforo, aínda que se recomenda a inscrición previa no correo biblioteca@tui.gal

Domingo Luís González Lopo é profesor da Universidade de Santiago desde 1986, impartiu docencia nos campus de Lugo e Santiago en materias relacionadas coa súa especialidade (Historia Moderna Universal, Historia de América e Historia de Galicia). Entre 1985 e 2009 foi profesor-titor da Universidade Nacional de Educación a Distancia (U.N.E.D.) no Centro Asociado da Coruña. Desde 1999 ocupa o cargo de coordinador-adxunto da Cátedra UNESCO nº 226 sobre Migracións da Universidade de Santiago. Desde 2006 é profesor convidado do Instituto Teolóxico Compostelán para impartir a materia Historia da Igrexa en Época Moderna (séculos XVI-XVIII). Desde Xuño de 2017 a Setembro de 2019 foi Director da Cátedra do Camiño de Santiago e as Peregrinacións da Universidade de Santiago de Compostela.

Autor de numerosos traballos de investigación no ámbito da historia social e das mentalidades, especialmente das devocións populares, e membro do Instituto de Estudios Tudenses.

Para a concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente Solla, o Concello de Tui aproveitando esta efeméride organiza este ciclo de conferencias e unha serie de visitas guiadas a este retablo de Nosa Señora do Rosario ou da batalla de Lepanto e á propia igrexa de San Domingos, para poñer en valor este singular elemento do patrimonio cultural tudense, e contribuír ao coñecemento da nosa historia e do acervo cultural de Tui.
A seguinte conferencia deste ciclo terá lugar o vindeiro martes 26 de outubro, ás 19.30 h, a cargo de Dolores Balseiro, profesora de ensino medio, co título “A batalla de Lepanto na literatura española”.

A igrexa de San Domingos
A igrexa de San Domingos de Tui, declarada Monumento histórico artístico no ano 1931 (hoxe Ben de Interese Cultural) é un dos espazos patrimoniais de maior interese no conxunto histórico tudense. Entre os múltiples elemento de valor artístico que atesoura está o retablo de Nosa Señora do Rosario, popularmente coñecido como o retablo da “Batalla de Lepanto” por posuír unha representación deste acontecemento na parte superior do mesmo. Trátase dun retablo do século XVIII de grande interese e calidade.

Ao conmemorarse, o 7 de outubro, o 450 aniversario desta batalla acontecida no ano 1571 e que foi a maior batalla naval da historia moderna, na que participaron 450 naves e máis de 200.000 e que enfrontou á flota de Liga Santa (integrada pola Monarquía Hispánica, os Estados Pontificios, a República de Venecia, a Orde de Malta, a República de Xénova e o Ducado de Saboia), comandada polo español Juan de Austria, contra a flota do Imperio Otomán do sultán Alí Pasha que ameazaba a estabilidade no Mediterráneo occidental. A vitoria das tropas cristián marcou o freo á política expansionista do imperio turco.

Conta a tradición que namentres acontecía esta batalla o Papa Pío V rezaba o rosario, e que pedira a toda a Cristiandade que o acompañase con esta oración. Desta foi atribuída esta importante vitoria á Nosa Señora do Rosario. Conta amais a tradición que o rezo do rosario foi entregado pola Virxe María a San Domingos, fundador da Orde dos dominicos.

Relacionadas

Luis López destaca a aposta da Deputación pola mocidade e o apoio aos concellos...

0
O presidente da Deputación, acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, presenta o programa pioneiro “O teu espazo xuvenil” nun acto con alcaldes, concelleiros...

O Concello de Tui destina 10.000€ para as e os deportistas tudenses que participen...

0
O prazo de solicitude está aberto até o 15 de outubro Até o 15 de outubro está aberto o prazo para solicitar as bolsas a...

O Concello convocará 300 prazas para os campamentos de conciliación deste verán

0
O prazo para a inscrición abrirá o 2 de maio e serán entre xullo e agosto, no Sequelo, na Casa de Cultura de Mogor...

Luis López recibe no Pazo Provincial ao alumnado de terceiro e cuarto de Primaria...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este luns aos alumnos e alumnas de terceira e cuarto de Educación Primaria do CEIP...

O crítico literario e investigador Armando Requeixo estará en Mondariz para afondar na figura...

0
O Concello de Mondariz recibirá ao crítico literario, investigador en Humanidades e profesor Armando Requeixo este venres día 26 no marco do programa “Abril...

A Deputación de Pontevedra envía ao Concello de Vigo o convenio que compromete preto...

0
O presidente Luis López informou hoxe que a institución provincial “está lista para asinar canto antes o convenio de colaboración e escenificar o entendemento...

Publicacións Relacionadas