O local da Canteira acollerá o día 28 a presentación do libro “Vidas exiliadas”

adminON
Lectura mínima de 2

O seu autor, Javier Conde, emigrou coa súa nai aos 8 anos desde Paredes a Venezuela e agora recolle 21 historias de persoas que sairon das súas nacións

O local social da Canteira en Paredes acolle este 28 de febreiro a presentación do libro “Vidas exiliadas. Veintiún historias de desarraigo y luchas políticas”, de Javier Conde. Periodista, reporteiro e escritor que emigrou a Venezuela nos anos 60 desde a súa Vilaboa natal. O acto terá lugar ás 19.30 horas.

“Vidas Exiliadas” reúne 21 historias de homes e mulleres que tiveron que sair das súas nacións de orixe, fundamentalmente por razóns políticas. Cunha fusión de xéneros, o xornalista detalla diferentes experiencias vitais unidas polo fío da emigración. Incluída a súa propia. Javier Code deixou España aos 8 anos de idade e chegou coa súa nai, mariscadora en Paredes, ata Venezuela, ainda que tamén percorrería Colombia e Uruguay. Agora, de volta na súa Galicia natal, recopilou documentación para presentar esta obra que afonda nas diferentes causas, moitas veces políticas, que forzan ao desterro e á migración.

Para Javier Conde este libro reflexa o seu potencial profesional para narrar historias coa capacidade de emocionar ao lector e no que se amosa como un xornalista comprometido coa loita democrática e a liberdade, analizando os procesos con sentido crítico.

Comparte este artigo