HomeO MorrazoMarínO local de hostalaría da punta do Paseo Alcalde Blanco e os...

O local de hostalaría da punta do Paseo Alcalde Blanco e os kioscos das praias xa teñen adxudicatarios 

- Anuncio -spot_img

O Concello de Marín vén de adxudicar a explotación do local da punta do Paseo Alcalde Blanco a Asunción Méndez, por un canon mensual de 690 euros, despois de que as outras 5 ofertas que supoñan unha contía máis vantaxosa renunciasen ao servizo. 

O prazo de duración deste arrendamento será de dous anos, coa posibilidade de prorrogarse durante outros dous. Trátase dunha aposta, polo tanto, a un longo prazo, que permita explotar o local de restauración ofrecendo un servizo de hostalaría con grandes posibilidades, dada a ubicación e o encanto do Paseo Alcalde Blanco. 

Por outro lado, a Mesa de Contratación do Concello tamén adxudicou a xestión dos kioscos das praias durante os próximos catro anos. Adxudicáronse polas seguintes contías anuais: 

● Mogor, por 8.895 euros 

● Aguete, por 1.181 euros 

● Loira, por 5.000 euros 

● O Santo por 1.125 euros 

No caso de Portocelo, a licitación quedou deserta pero volverá saír á maior brevidade posible. Nun punto similar se atopa a licitación para a xestión do Bar de Portocelo, sobre o que se está facendo un estudo de costes para poder sacar de novo a súa explotación para que as persoas interesadas nel poidan presentar as ofertas pertinentes.

Publicacións Relacionadas