Home Vigo O Porriño O luns abre o prazo de inscricción para o Campamento de Nadal

O luns abre o prazo de inscricción para o Campamento de Nadal

- Anuncio -

● Poden participar nenos e nenas de 3 a 12 anos e desenvolverase os días 23, 26, 27 e 30 de decembro de 2024 e 2, 3 e 7 de xaneiro de 2025

O Concello de Porriño abre este luns 26 de novembro o prazo de inscrición para o seu Campamento de Nadal, un programa de lecer e tempo libre dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Esta actividade desenvolverase en varias datas do período vacacional escolar, e está deseñada para fomentar o desenvolvemento integral dos menores a través de xogos, talleres, dinámicas de grupo e actividades deportivas.
O obxectivo principal do campamento é ofrecer un espazo lúdico e educativo que favoreza a conciliación da vida familiar e laboral das familias do municipio, proporcionando aos nenos e nenas unha contorna segura, de diversión e aprendizaxe durante as vacacións. Ademais, será unha oportunidade para que os nenos e nenas desenvolvan a súa sociabilidade e gocen dun ambiente de encontro e relación cos seus compañeiros.
O campamento desenvolverase os días 23, 26, 27 e 30 de decembro de 2024 e 2, 3 e 7 de xaneiro de 2025.
As actividades levaranse a cabo en horario de mañá, de 9:00 a 14:00 h. Ademais, ofrecerase a opción de aula matinal, con entrada a partir das 8:30 h e recollida ás 14:30 h, para facilitar a conciliación das familias.
A actividade é completamente gratuíta e requírese inscrición previa, tendo preferencia os nenos e nenas do Porriño. O prazo para inscribirse será do 26 de novembro ás 8:59 h ata o 2 de decembro ás 8:59 h. As inscricións poden formalizarse de maneira presencial no rexistro municipal ou a través da sede electrónica do Concello do Porriño.

Relacionadas

O BNG presenta as enmendas aos orzamentos da Xunta de Galiza

0
As emendas presentadas polo BNG inclúen a mellora do transporte público, a creación de novos viais, o abastecemento de auga e saneamento en núcleos...

A Deputación leva este domingo ao Rosal o circuíto +Escénicas con “DeseXo”, de Talía...

0
O espectáculo de teatro xuvenil e adulto poderá verse ás 19:00 horas no Auditorio municipal +Escénicas é un novo circuíto da institución provincial, dotado con...

O Congreso aproba unha iniciativa do PP para que en Pontevedra constrúase unha nova...

0
• A deputada do GPP, Irene Garrido, defendeu a necesidade de crear unha Unidade de Prevención e Reacción (UPR) en Pontevedra que reforce a...

A Deputación leva ata Cerdedo-Cotobade un ciclo de curtametraxes no marco do Ciclo Mestre...

0
As pezas poderán verse este domingo no centro cultural de Cerdedo ás 18:30 horas O ciclo, organizado pola institución provincial en colaboración coa Academia Galega...

Tui será en 2026 a sede de Hispacon, o Congreso de Fantasía, Ciencia Ficción...

0
Será a cuarta cidade galega en acoller este evento que reunirá a nomes relevantes do xénero fantástico e que brindará múltiples actividades Tui será a...

A rapazada de Redondela plasma as súas reivindicacións no Pleno Infantil

0
O auditorio do Xunqueira acolleu esta mañá a celebración dun pleno infantil no que participaron alumnos e alumnas dos centros de primaria e secundaria...

Publicacións Relacionadas