HomeO MorrazoMarínO marinense Adrián Arias incorpórase á dirección de Novas Xeracións de Galicia.

O marinense Adrián Arias incorpórase á dirección de Novas Xeracións de Galicia.

- Anuncio -spot_img

Foi nomeado pola nova presidenta Nicole Grueira no acto de presentación da nova candidatura no Congreso, celebrado en Santiago de Compostela.

Adrián Arias Carracelas, actual presidente de Novas Xeracions de Marín, é novo vicesecretario de Medio Ambiente na agrupación política xuvenil a nivel autonómico do Partido Popular. Deuno a coñecer a nova presidenta, a moza Nicole Grueira, do municipio lucense de Pol tras obter a maioría dos apoios e saír elixida no congreso celebrado polos mozos populares en Santiago de Compostela, onde releva no cargo a Adrián Pardo. O evento contou coa presenza de diversos cargos do partido como o presidente Alfonso Rueda, a secretaria xeral do PPdeG Paula Prado, os presidentes de Lugo e Pontevedra Elena Candia e Luis López “Lugues”, ademais da presidenta nacional de Novas Xeracións de España, Beatriz Fanjul, entre outros.

Adrián Arias, veciño da parroquia de San Xulián estudou Administración e Finanzas. Tamén forma parte da directiva do Marín CF, da Comunidade de Montes de San Xulián, da asociación de Festas Amigos de San Xulián e é integrante na asociación cultural e deportiva Os da Caña. A actual alcaldesa de Marín e presidenta do PP na localidade, Maria Ramallo, incluíuno na lista das eleccións municipais de 2023 no numero 14.

Deste xeito, Marín segue incrementando a súa representación nos órganos de dirección tanto de NNXX como do PP, nunha demostración de confianza e apoio por parte do seu presidente Alfonso Rueda, subliñan desde a formación conservadora.

Publicacións Relacionadas