Home O Morrazo Cangas A alcaldesa Vitoria Portas cesa a dous concelleiros do PSOE

A alcaldesa Vitoria Portas cesa a dous concelleiros do PSOE

- Anuncio -

O cesamento vén provocado pola perdida da confianza, tras ultimar as actuacións levadas a cabo na praia de Rodeira

A alcaldesa pide desculpas a todos os veciños e veciñas de Cangas, posto que estes últimos días estivo ausente por motivos persoais que todos os cangueses e canguesas coñecen e aproveita para agradecer as chamadas e as mensaxes de apoio recibidos estes días.

Mañá cúmprense 5 meses do seu novo posto como alcaldesa de Cangas, unha encomenda que aceptou con moita ilusión e cun compromiso de esforzo e de traballo diario que lograse mellorar a calidade de vida de toda a veciñanza, un traballo que xa supoñía que non ía ser nada fácil e no cal tería que tomar decisións que afectarían directa ou indirectamente a este municipio.

Nestes case 5 meses, tivo a oportunidade de poder coñecer mellor como é o funcionamento do consistorio, porque garante que non é o mesmo ostentar unha concellería, que ser a responsable de dirixir o bo funcionamento de todas elas.

E como responsable de todas as áreas non pode pasar por alto o último acontecemento que terminou con parte das dunas da praia de Rodeira, onde se pretendía realizar un campionato deportivo, un campionato deportivo que non supoñía ningún gasto para as arcas municipais porque o investimento proviña da mancomunidade, e pola contra si era un bo reclamo para a visita de deportistas e afeccionados ás nosas costas, o único que solicitaban era unhas instalacións acordes ao campionato, por suposto isto trasládase á responsable da área de deportes o señor Eugenio González e que alcaldesa ratifica coa súa rubrica nun documento que textualmente pon, adecuación dos terreos para o evento deportivo.

Agora ao seu regreso atópase con que se esnaquizaron parte das dunas da praia de Rodeira e a súa flora para a celebración deste campionato, ata o punto que asociacións do municipio tiveron que manifestarse para paralizar os traballos que polo visto se estaban realizando con maquinaria pesada.

Esta mañá o primeiro que fixo foi unha revisión do estado en que se atopa nestes momentos esta parte da praia, podendo observar que se produciu unhas modificacións evidentes, que terá que emendar canto antes, para volver ao estado orixinal do devandito espazo, para o que se puxo a traballar de inmediato, e que canto antes se rexenere novamente, empezando hoxe mesmo mantendo unha reunión urxente co responsable de Costas Don Enrique Fernández , e enviando unha misiva de Medio Ambiente poñendo a súa disposición todos os recursos que sexan necesarios desde o consistorio para enmendar os danos.

“Por mor desta situación véxome na obrigación de tomar unha das decisións máis duras das que tiven que tomar ata o momento, unha decisión que maticei ao longo destes días, ao ver que aínda despois de causar uns danos nas dunas non fomos capaces de buscar outra localización a este campionato e tívose que trasladar a un concello limítrofe, algo inconcibible sendo Cangas posuidora dos mellores areais de Galicia”, manifesta Vitoria.

A decisión foi o cesamento inmediato dos máximos responsables desta situación o concelleiro Eugenio González, que ostentaba a concellería de Urbanismo e Deportes e da concelleira Pilar Nogueira que respondía polas concellerías de Medio Ambiente, Mar, Rural e Voluntariado, este cesamento veu provocado pola súa negativa á petición que lles realizou esta mañá de dimisión pola súa banda, e a cal rexeitaron, non tendo eu outra alternativa máis que a de cesarlles nos seus cargos como non pode ser doutra maneira tras a pérdida da confianza.

“Esta decisión tomeina porque o día que me comprometín con todos os veciños e veciñas de Cangas a que este goberno sería distinto, fíxeno con convicción e sen cadeas de ningún tipo, posto que esta alcaldesa non quere unicamente manter unha cadeira custe o que custe, senón que busca a mellora do municipio con traballo e esforzo e cando se cometen erros hai que ter a valentía de asumilos, e con estas palabras ratifícome na decisión tomada, e garántovos que non é revanchismo cara ao PSOE xa que esta decisión non afecta as concelleiras de Desenvolvemento económico, emprego e persoal Sagrario Martínez e a de obras, infraestruturas, educación e xuventude de Ingrid Loredana que poden seguir desempeñando as súas funcións como ata o de agora”, aclara a alcaldesa de Cangas Vitoria Portas.

Esta alcaldesa segue tendendo a man a todos os grupos de esquerdas progresistas que queren unha Cangas do século XXI, e anímaos a que arrimen o ombreiro e traballen en tándem con esta alcaldesa, que hoxe unha vez máis lles demostrou que non lle tremerá o pulso para tomar decisións cando haxa que tomalas.

Relacionadas

Luis López destaca a aposta da Deputación pola mocidade e o apoio aos concellos...

0
O presidente da Deputación, acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, presenta o programa pioneiro “O teu espazo xuvenil” nun acto con alcaldes, concelleiros...

O Concello de Tui destina 10.000€ para as e os deportistas tudenses que participen...

0
O prazo de solicitude está aberto até o 15 de outubro Até o 15 de outubro está aberto o prazo para solicitar as bolsas a...

O Concello convocará 300 prazas para os campamentos de conciliación deste verán

0
O prazo para a inscrición abrirá o 2 de maio e serán entre xullo e agosto, no Sequelo, na Casa de Cultura de Mogor...

Luis López recibe no Pazo Provincial ao alumnado de terceiro e cuarto de Primaria...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este luns aos alumnos e alumnas de terceira e cuarto de Educación Primaria do CEIP...

O crítico literario e investigador Armando Requeixo estará en Mondariz para afondar na figura...

0
O Concello de Mondariz recibirá ao crítico literario, investigador en Humanidades e profesor Armando Requeixo este venres día 26 no marco do programa “Abril...

A Deputación de Pontevedra envía ao Concello de Vigo o convenio que compromete preto...

0
O presidente Luis López informou hoxe que a institución provincial “está lista para asinar canto antes o convenio de colaboración e escenificar o entendemento...

Publicacións Relacionadas