HomeO MorrazoMarínLete Lasa saúda aos 150 judokas da peníngula concenrados en Marín no...

Lete Lasa saúda aos 150 judokas da peníngula concenrados en Marín no 33º Stage Internacional de Judo en Marín

- Anuncio -spot_img

_No stage organizado grazas ao convenio entre as federacións galega e española e a colaboración da Xunta de Galicia, participa a galega Laura Vázquez, actual subcampioa do mundo na súa categoría, e deportista do CGTD, que xa prepara o próximo mundial

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu este xoves ao 33ª Stage Internacional de Judo de categoría júnior, tanto masculina coma feminina, que ten lugar entre o 11 e o 15 de xullo na vila de Marín. Esta concentración internacional de tecnificación é posible grazas ao convenio de colaboración das federacións galega e española co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte. Organizada pola Federación Galega de Judo, os judokas galegos desfrutan desde hai varios anos da posibilidade de compartir experiencias e adestrar cos referentes nacionais e internacionais deste deporte.

Neste stage atópanse concentrados no pavillón do colexio CEIP San Narciso un total de 150 judokas (63 mulleres e 87 homes), e 24 técnicos (8 mulleres e 16 homes). Ademais da selección galega, na concentración atópanse membros da selección española, catalana, balear e portuguesa.

O stage serve como preparación para o Mundial Júnior de Judo, na cidade de Guayaquil (Ecuador), no que participará a galega Laura Vázquez, actual subcampioa do mundo da súa categoría, que adestra como bolseira no Centro de Tecnificación de Pontevedra.

Publicacións Relacionadas