Home O Morrazo Marín O Concello impulsa a conexión do centro urbano co litoral grazas á...

O Concello impulsa a conexión do centro urbano co litoral grazas á humanización da Rúa do Forte, primeira fase da remodelación do Vial de Praias

- Anuncio -

Este proxecto xa está presentado no Concello e suporá unha inversión de case 333.000 euros, cofinanciados a través da estratexia Marín Dusi. É a primeira fase do ambicioso proxecto do Goberno local para o Vial de Praias, co obxectivo de crear un itinerario peonil e ciclista continuo, accesible e sostible.

A mellora da mobilidade na conexión entre o centro urbano e o Vial de Praias é un dos proxectos máis ambiciosos nos que está a traballar o Goberno local. A alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, informaron esta mañá de que xa se ten redactado o proxecto para a reordenación da zona da Rúa do Forte, é dicir, a fase 1 da remodelación do Vial de Praias.

Este proxecto, que xa está presentado no Concello e pendente de autorizacións sectoriais, ten como obxectivo reordenar todo o espazo do viario que discorre pola marxe dereita da Rúa do Forte, entre a entrada principal da Escola Naval Militar ata a porta do pavillón do propio centro castrense.

“Esta é a primeira parte que abordaremos do proxecto global que temos para o Vial de Praias”, tal e como explicou a alcaldesa durante unha visita ao propio sendeiro litoral co técnico responsable da redacción do proxecto, que xa está a preparar a segunda fase, que se financiará cos fondos europeos do Plan de Sostibilidade Turística que conseguiu o Concello.

No que respecta á zona da Rúa do Forte, “queremos facer un proxecto integral co que mellorar a conexión do casco urbano co Vial”. Desta maneira, humanizarase todo primeiro tramo, mellorando a accesibilidade e a mobilidade da vía.

Eliminarase un dos carrís de circulación da calzada para crear un carril bici separado do tráfico rodado e anchearase a beirarrúa para adaptala aos estándares de accesibilidade. Nos espazos nos que non sexa posible ter ese carril bici separado da beirarrúa, habilitarase unha zona de convivencia entre os peóns e as bicicletas debidamente sinalizada.

Tal e como se pode ler no proxecto presentado, a beirarrúa será de baldosa cun acabado granallado e o carril bici realizarase en formigón coloreado semipulido.
Ademais, o proxecto inclúe a repavimentación da calzada e a instalación de pasos de peóns elevados para mellorar a seguridade viaria. Actuarase tamén no alumeado público, eliminando os puntos de luz actuais e substituíndoos por 11 de tecnoloxía LED, para fomentar a eficiencia enerxética e a sostibilidade medio ambiental.

Por outra banda, aproveitarase a actuación para tamén renovar a rede de saneamento da propia Rúa do Forte e así non ter que actuar nun futuro neste sentido, mancando o pavimento renovado.

Unha actuación cofinanciada polos fondos FEDER

A xestión municipal permitiu que todo o que se proxecta para mellorar a conexión Marín-praias poida financiarse coa axuda da Unión Europea.

Así como a segunda fase formará parte do Plan de Sostibilidade Turística, neste caso, a fase 1 que se corresponde co proxecto presentado hoxe financiarase a través da estratexia Marín Dusi, cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea.

O orzamento que se estipula para o proxecto é de cerca de 333.000 euros. Unha vez o proxecto conte con todas as autorizacións correspondentes, iniciarase o proceso de licitación, para finalmente adxudicar as obras, que teñen un prazo de execución de 4 meses.

Relacionadas

O BNG de Vigo acusa a Caballero de vandalizar a “Fiestra á Liberdade” que...

0
O monolito, instalado no Calvario, foi utilizado este sábado como poste de amarre dunha carpa do Concello na que se repartían macetas con camelios Xabier...

A Louriña entre Todos, un proxecto de futuro para o Porriño e Mos

0
• Os populares de Mos e do Porriño simbolizaron hoxe a alianza de ambos concellos nun acto no que participaron máis de 500 persoas •...

“Orixe Rías Baixas” conquista nuevos misterios

0
A campaña turística da Deputación de Pontevedra, protagonista na Estación de Metro madrileña vestíndoa coas súas tradicións e o seu patrimonio inmaterial inigualable Carmela Silva,...

O concello de Cangas xa ten rehabilitado outro parque infantil máis

0
Esta vez é o parque infantil de Irmandade da Fala A apertura dun novo parque infantil, esta vez “Irmandade da fala”; vaise cumplindo o...

Nena Daconte e Rafa Sánchez abrirán musicalmente as festas de SanTelmo

0
Estarán en concerto no Espazo Feiral o sábado, 8 de abril, ás 22 h Nena Daconte e Rafa Sánchez abrirán musicalmente as festas de San...

O programa SmartPeme da Deputación oferta esta semana cinco novas accións formativas

0
Os obradoiros centraranse en ciberseguridade, mulleres emprendedoras, SEO, emisións en liña e márketing dixital A Deputación de Pontevedra, a través do seu programa de asesoramento...

Publicacións Relacionadas