HomeO MorrazoMarínO Concello pon en valor as melloras realizadas polas asociacións veciñais nos...

O Concello pon en valor as melloras realizadas polas asociacións veciñais nos seus locais e infraestruturas

- Anuncio -spot_img

As asociacións do Labirinto de Mogor, de Santomé e de San José de Cantodarea realizaron melloras da man da inversión do Plan Provincia Comunitaria e a comprobalas foron a alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro Pablo Novas, acompañados do deputado provincial Javier Tourís

O movemento asociativo, tanto polas reivindicacións, demandas e necesidades que son capaces de facer chegar ás Admnistracións, como pola súa capacidade para dinamizar social e culturalmente as vilas, nos espazos que son tanto da súa titularidade como en locais municipais onde desenvolven a súa actividade diaria.

Por iso, é fundamental apostar por estes colectivos, atendelos e axudalos a financiar melloras nestes espazos. Ese foi o motivo das visitas que realizaron esta tarde a alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro, Pablo Novas, acompañados polo deputado provincial, Javier Tourís, a tres asociacións da vila que foron beneficiarias das axudas do Plan Provincia Comunitaria da Deputación, un importe total de máis de 28.000 euros.

Foi o caso da Asociación de Veciños Labirinto de Mogor, que investiu os cartos na mellora acústica do salón de actos da Casa de Cultura da parroquia, moi utilizada tanto para eventos como para ensaios e que agora está insonorizada.

Pola súa banda, a Asociación Veciñal e Cultural de Santomé actuou nun parque infantíl da súa propiedade, que precisaba dunha posta a punto.

Finalmente, a Asociación de Veciños de San José de Cantodarea notou un gran cambio no local social fronte á Sagrada Familia, onde desenvolven gran parte dos seus cursos e iniciativas, no que se cambiou a porta de acceso e se pintaron varias estancias.

Publicacións Relacionadas