Home Vigo Nigrán O Mosaico Romano de Panxón emprende o seu viaxe definitivta t Nigrán...

O Mosaico Romano de Panxón emprende o seu viaxe definitivta t Nigrán tras case 20 anos de exilio

- Anuncio -

A peza, atopada á venda no 2018 nun anticuario de New York, foi entregada hoxe ao Concello nun acto oficial na galería Colnaghi de Madrid. Será exposta no salón de Plenos durante 2 meses


O mosaico, un fragmento dun metro cadrado embutido desde o S.XIX nunha mesa, representa maxistralmente mediante coloridas teselas de mármore a fauna mariña, destacado un colosal peixe de 67 cm


O Concello achegou á asociación constituída para a súa repatriación 40.000 € dos 58.000 € que custou coa condición de que formase parte do patrimonio municipal


“É un día de inmensa felicidade para Nigrán, atrévome a dicir que é un fito cultural sen precedentes no noso municipio”, considera o alcalde, Juan González, sobre a recuperación desta xoia arqueolóxica

A gran xoia arqueolóxica de Nigrán, o mosaico romano de Panxón, forma parte xa do patrimonio municipal do Concello de Nigrán tras máis de 20 anos de exilio. A peza foi recepcionada hoxe polo alcalde de Nigrán, Juan González, nun acto oficial na galería Colnaghi de Madrid ao que tamén asistíu Gonzalo Fernández-Turégano, vicepresidente da asociación constituída no 2019 para a súa repatriación, e outros representantes de devandita entidade. Chega ao seu fin unha epopea que comezou en xaneiro de 2022 na galería Carlton Hobbs de New York, cando embarcou cara a súa sucursal en Londres, onde permaneceu máis dun ano paralizado pola burocracia extra do Brexit e, ao fin, chegase a Madrid o pasado 28 de novembro. Alí, na céntrica galería Colnaghi, entre Sorollas, Zuloagas e un Caravaggio, permaneceu exposto ata hoxe, que volveu a embalarse para emprender o retorno definitivo ao seu fogar, Nigrán. No acto, o alcalde agasallou á Galería Colnaghi é a Asociación con sendas pezas de granito gravadas coas figuras do mosaico.
“É un día de inmensa felicidade para Nigrán, atrévome a dicir que a súa recuperación é un fito cultural sen precedentes na nosa localidade. O valor histórico é incalculable, pasará a ser un emblema co que se identifique en toda España o noso municipio. A cidadanía vai ser plenamente consciente do logro cando teña o luxo de poder observalo de preto”, considera González, quen avanza que emprende o retorno a Nigrán o mércores 22 nun transporte especial que se demorará días e, tras a súa chegada, será exposto durante dous meses no Salón de Plenos do Concello (finalmente descártase o muíño de Porto do Molle por razóns de seguridade) acompañado por unha musealización realizada por Árbore Arqueoloxía. Transcorrido ese tempo buscaráselle unha ubicación definitiva nun espazo público, previsiblemente a Biblioteca Municipal.
A peza, dun metro cadrado e embutido nunha mesa feita no século XIX ao efecto de preservalo, é o único fragmento que se conserva dun mosaico que se sabe moito maior. Estea anaco consérvase intacto e representa maxistralmente mediante coloridas teselas de mármore a fauna mariña, destacado un colosal peixe de 67 cm (un muxo) e unha parella de ameixas, un tema único nos achados de toda a área metropolitana. “É impresionante, está perfectísimamente conservado, chama a atención o seu color, a precisión e o detalle, emociona velo de preto”, subliña o alcalde sobre este mosaico desaparecido durante case vinte anos tras perdérselle a pista despois dunha poxa pública no ano 2000 na Galería Castellana de Madrid e reaparecer no ano 2018 á venda no catálogo da casa Carlton Hobbs de New York. Desde ese intre, o Concello de Nigrán puxo en marcha o engrenaxe para recupéralo e a partir de 2019 da man de Gonzalo Fernández-Turégano, oriúndo da Ramallosa (Nigrán)e quen constitúe a Asociación para la Repatriacion del Mosaico Romano de Panxón co fin de axilizar os trámites. Así, o Concello de Nigrán achegou a esta entidade 40.000 € dos 58.000 € que custou a súa compra coa condición indispensable de que pasase a formar parte do patrimonio municipal e, como tal, se expuxese nun espazo público da localidade.
No salón de Plenos estará acompañado de información e fotografías a gran resolución de outros achados arqueolóxicos en Panxón (paroquia costeira de Nigrán) e mesmo de pezas atopadas no derrubo natural que se produciu sobre a Praia da Madorra en xaneiro de 2023. Ademais, realizaranse visitas guiadas e obradoiros.

Formaba parte dunha villa romana
Este mosaico foi documentado polo miúdo nos anos 70 polo prestixioso arqueólogo Fernando Acuña Castroviejo, quen no seu artigo “De novo sobre o Mosaico de Panxón e outras novas sobre a Musivaria na Gallaecia” relata a súa importancia e as súas vicisitudes. Así, segundo el mesmo expón, grazas a manuscritos do século XIX entregados por Xosé María Álvarez Blázquez, se sabe que a peza apareceu “en el sitio llamado el Castro” de Panxón pertencendo primeiramente a “Dª Umbelina González Lavandeira, viuda del Sr. De Puga”, quen o tiña “en su casa de campo de la parroquia de S. Juan de Panjón” (os historiadores coinciden en que nesta zona existía unha importante villa no Baixo Imperio Romano, xa que tamén apareceron ánforas, moedas, un ara a Mercurio…). En principio, o fragmento de mosaico atopado era máis grande, pero como o tiñan pola finca tirado, foron rompéndoselle partes, polo que finalmente os donos optaron por usalo para facer unha mesa. O escrito do s. XIX dí así: “… está sirviendo de cubierta de una mesa con el objeto de que no se estropease porque según me dijeron era mayor y como estuviese tirado lo iban destrozando, y para evitar su total desaparición han hecho aquella dándole la forma de cajón embutiendo en ella el mosaico siendo este de un metro cuadrado y 20 cm de espesor…”.
Cara finais do século XIX o mosaico (é decir, a mesa co mosaico) pasa a formar parte da colección Blanco-Cicerón (mediante compra), onde parece que se conserva durante todo o século XX. No ano 2000 aparece para ser subastado na Galería Castellana de Madrid: lote nº 664 “mesa con mosaico romano”, desaparecendo ata o ano 2018, cando reaparece á venda no catálogo da casa Carlton Hobbs e comeza unha súa epopea de regreso a casa que agora chega ao seu ansiado fin.

Relacionadas

O BNG reforza a súa dirección local co reto de sumar máis apoios á...

0
A fronte nacionalista reelixe por unanimidade á deputada Carmela González como responsábel local e amplía a dirección co obxectivo de situar o Bloque como...

A Deputación ultima o prazo para que os concellos soliciten actuacións no marco do...

0
Os 59 concellos beneficiarios dos 8 millóns de euros mobilizados pola Deputación poden presentar os seus proxectos ata o próximo mércores 22 de xaneiro A...

Redondela avanza para a aprobación provisional do PXOM

0
O Concello xa conta cos informes emitidos polas diferentes administracións que deben informar o PXOM. Neste trimestre celebrarase reunións coas Direccións Xerais de Urbanismo,...

A Deputación leva a cinco centros de ensino os obradoiros de sensibilización do programa...

0
Centros de Cerdedo-Cotobade, Mos, Pontevedra e Vigo participarán nas accións, nas que recibirán formación sobre educación sexo-afectiva, padróns sexistas e redes sociais A Deputación de...

Luis López e Rafa Domínguez convidan a visitar o Museo de Pontevedra para descubrir,...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente e a directora do Museo, Ángeles Tilve, visita a exposición dedicada á obra do artista nacido en Rianxo,...

A vicepresidenta Luisa Sánchez participa no acto de presentación dos equipos do Celta Baloncesto...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou hoxe no acto de presentación dos equipos do Celta Baloncesto Feminino para a temporada 2024-2025....

Publicacións Relacionadas