O Multiusos de Arcade acolleu nesta xornada a formación sobre o mosquito tigre impartida por Alejandro Polina, experto na materia, que explicou a todos os asistentes os hábitos deste insecto e tamén como colocar trampas exteriores.
O Multiusos de Arcade acolleu nesta xornada a formación sobre o mosquito tigre impartida por Alejandro Polina. Unha cita destinada aos traballadores e traballadoras do concello e aberta ao público xeral.
Este especialista na materia puxo sobre a mesa as razóns polas cales este insecto é tan invasor, unha das principais é porque ten capacidade de cría en calquera recuncho con auga, una medida que en Galicia ten un perigo engadido ao ter chuvias frecuentes e temperaturas moderadas.
Polina quixo informar das características deste mosquito que conta na cabeza e no tórax cunha liña lonxitudinal de cor branca e 5 aneis de cor branca nos tarsos das patas traseiras.
Co fin de situar no mapa a presenza de mosquitos existe a aplicación Mosquito Alert que ten como fin identificar a especia de mosquito que estamos a ver, para iso notificas, engades fotos e se tes a sospeita que é un mosquito tigre seleccionas “Aedes invasor”.
Alejandro Polino lembrou esta mañá que para evitar a presenza deste insecto temos que baleirar os recipientes cunha cantidade mínima de auga, deixar os recipientes do revés, cubrir con lonas ou con táboas os recipientes que non vaian a usarse e vixiar os sistemas de desaugues do noso domicilio.
O experto tamén falou das avitrampas, recipientes de cor escura situadas a ras do chan de xeito permanente que teñen como fin captura a este insecto en estadía larvaria, o principal atraínte desta trampa é a auga.