Home Pontevedra O Multiúsos da Xunqueira, escenario da presentación do Proxecto Argos. Memoria e...

O Multiúsos da Xunqueira, escenario da presentación do Proxecto Argos. Memoria e Patrimonio baixo a ría

- Anuncio -

A iniciativa do Concello de Redondela e o Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy desenvolverase o vindeiro 24 de setembro e inclúe conferencias, proxección dun documental e unha exposición

A Casa do Concello de Redondela foi escenario, na mañá de hoxe, da presentación do Proxecto Argos. Memoria e patrimonio baixo a ría, iniciativa conxunta do Concello redondelán e do Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy que busca poñer o foco de atención sobre a necesidade de documentar e protexer o patrimonio subacuático para evitar o seu saqueo e desaparición.

O acto de presentación estivo presidido pola alcaldesa Digna Rivas, acompañada pola concelleira de Patrimonio, María Castro, e membros do Obradoiro de Estudos Locais. Rivas destacou a importancia deste proxecto que, baseándose na experiencia dos achados da ría de Ribadeo dos que se da conta nunha extraordinaria reportaxe “chama a atención sobre o concepto ‘patrimonio’ visto dende un xeito global” xa que, segundo a rexedora redondelá “adoitamos considerar patrimonio só o que está a vista cando, a nosa ría ao igual que a de Ribadeo, contén numerosas testemuñas da historia que é preciso catalogar, documentar e protexer”.

Unha vez máis, di a alcaldesa, “o Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy amosa a súa capacidade de traballo á hora de defender a nosa historia a través da protección do noso patrimonio, nunha labor altruísta e, sen dúbida, impagable”.

O Proxecto Argos será presentado o sábado 24 de setembro ás 19 horas no multiúsos da Xunqueira nun acto que contará cos relatorios Proxecto Argos, a cargo de José María Sanjurjo Peña, presidente do Club de Actividades Subacuáticas Illa Pancha; Arqueoloxía Subacuática entre Galicia e Asturias, impartido por David Fernández Abella, investigador da Universidade de Santiago de Compostela e director do Proxecto Argos; Que historia nos conta a cerámica da ría?, por Miguel Busto Zapico, investigador, Grupo PRINMA, Universidade de Granada e A busqueda do tesouro de Rande. Breve historia das expedicións, a cargo de Yago Abilleira Crespo, investigador de historia naval en Pontevedra.

De seguido procederase á proxección do documental, dirixido por Manuel Vázquez González Memoria e patrimonio baixo a Ría e, finalmente, realizarase unha visita a exposición instalada na sala número 1 do Multiúsos da Xunqueira, mostra que poderán visitar todas as persoas interesadas ata o vindeiro 15 de outubro.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas