O Multiusos de Arcade estrea un novo sistema de climatización

adminON
Lectura mínima de 2

Este novo equipamento, xa instalado nesta dependencia municipal,  ten un valor de máis de 12 mil euros que foi sufragados por fondos propios do concello de Soutomaior.

O Multiusos de Arcade xa conta cun novo sistema pensado para a calor nos meses do verán. Segundo explican dende o Goberno Local o actual sistema de climatización co que contaba o Multiusos estaba obsoleto, era pouco eficiente e levaba máis de 10 anos sen funcionar de maneira correcta.

O actual sistema xa instalado nesta dependencia municipal busca optimizar a eficiencia enerxética e reducir o consumo, ademais, o concelleiro de Urbanismo Pablo Garrido, deixo claro nesta xornada que “no caso de ser necesaria, a nova instalación, permitirá incorporar novos aparatos para mellorar o rendemento da mesma no caso de ser necesario”.

Pola súa banda o alcalde, Manu Lourenzo, dixo nesta xornada que “o actual sistema de climatización facía imposible realizar actividades no Multiusos nos días de máis calor do ano. Con este sistema xa instalado, permitirá que toda a veciñanza poda desfrutar das actuacións no Multiusos de Arcade en calquera momento do ano e facelo dunha maneira sostible e eficiente que permitirá mellorar estas instalación no caso de ser necesario”.

Comparte este artigo