- A exposición inaugúrase esta tarde ás 17H
A artista Conchi Cadrado expón as obras dos seus discípulos,obras cargadas de creatividade e bo facer, que animan ao espectador para reflexionar e admirar a capacidade de creación guiadas e aconselladas pola súa mestra .
Cadrado coñecida e recoñecida no noso país e fóra da nosa fronteiras pola súa obra chea de simbolismos ,usando unha representación figurativa como ferramenta para crear a súa propia linguaxe , unha asociación espontánea de imaxes que contribúe á fascinación para poñer en marcha a roda da reflexión sobre todas as emocións que se poden achar nelas
Ao longo destes anos realizou innumerables exposicións , participou en diversos proxectos e intervencións artísticas e vinculada a organizacións vangardista no mundo da arte
En 2018 abre o seu estudo co nome de ARTE CADRADA ,un espazo de cultura , que reúne pintura ,charlas do historia da arte , música e bo faladoiro nesa atmosfera Conchi Cadrado imparte os seus coñecementos ,cos ollos moi abertos os seus discípulos aprenden adquirindo unha actitude cara á vida de curiosidade pola arte e un sentimento de camaradería ,facendo de todos eles a necesidade de empaparse de creatividade para facer magníficas obras ,usando todas as disciplinas que están ao seu alcance ,sen límites na súa expresión.
É unha exposición chea de técnica ,mestría e alma, proxecta os sentimentos destes artistas para que o publico contemple a obra con gran admiración .
Esta exposición consta de diferentes disciplinas como poden ser o grafito ,acórdea #o ,o acrílico e tamén os pasteis de cores.As obras expostas son na súa maioría figurativas ,outras se achegan máis ao impresionismo e tamén unha boa cantidade de pintura contemporánea .
Os artistas artistas participantes son : Alejandra Fernández, Amalia Alonso, Anna López,Aroa Rodríguez, Belen, Otero, Branca, Fernandez, David Rodriguez, Emma Román, Eva Gonzalez, Eva Valverde, Gonzalo Pradas, Graciela Nogueiras, Jimena Sanchez, Lida Leas, Lola Lourído, Manuela Rodríguez, Maribel Gonzalez, Maria Jesus Blanco, Maria jose Sanromán, Matías Montero, juan Formoso, Nara Lourído , Otto Paquetti, Paula Cariño, Paola Souto, Saúde Valverde, Sara Rodríguez, Estella Maris , Tamara Magarińvos , Vega Mosquera.
A exposición pode visitarse desde o día 5 ata o día 14 de abril en horario de 17 a 20:30 horas de luns a sábado e domingos de 11 a 14 e de 17 a 20:30 horas.

