HomeDeputaciónsDeputación PontevedraO Museo lanza a segunda edición de "Contos Confinados" para que a...

O Museo lanza a segunda edición de “Contos Confinados” para que a cativada consuma cultura a pesares das restricións

- Anuncio -spot_img

Os sábados deste mes de febreiro e o da primeira semana de marzo realizaranse sesións de contacontos que se emitirán ás 10h a través do perfil de Facebook e da web da institución

O Museo desenvolverá os vindeiros sábados deste mes e da primeira semana de marzo a segunda edición de ‘Contos Confinados’, unha iniciativa para que a cativada consuma cultura a pesares das restricións derivadas da pandemia.

Ante a imposiblidade de desenvolver unha programación presencial, o Museo opta de novo por propostas en formato dixital co obxectivo de manter ligada ás e aos máis pequenos da casa coa oferta cultural da institución museística. Así, ademáis do concurso artístico do Entroido ‘Vestindo o Ravachol’, nestas datas ofertaranse sesións de contacontos que poderán gozar desde as súas casas, ao igual que xa o fixera no mes de maio do ano pasado,. Serán os sábados ás 10 horas a través do perfil de Facebook e a páxina web do Museo (http://museo.depo.gal/).

Desde o Museo de Pontevedra preténdese tamén apoiar a un sector castigado por la pandemia que está a reinventarse para sobrevivir ante a paralización da actividade cultural. As narracións serán interpretadas en lingua de signos pola Organización de Diversidade Sensorial de Galicia (Xoga) para posibilitar que as persoas con diversidade sensorial gocen tamén destas propostas.

A programación desta segunda edición dos ‘Contos Confinados’ iniciarase este sábado con ‘Caxoto’, de A Trastenda dos Contos, co que se celebrará o Entroido; o día 20 Polo Correo do Vento chegará ao Edificio Castelao con ‘A investigadora Peregrina e o misterioso caso dos peliqueiros’, que incluirá un obradoiro de debuxo; Beatriz Campos e ‘Os tres porquiños’ protagonizarán a sesión do día 27; e o 6 de marzo Migallas Teatro relatará o ‘Romance da princesa caprichosa’.

Publicacións Relacionadas