Home O Morrazo Marín O Nadal recuperará a normalidade e a ilusión en Marín

O Nadal recuperará a normalidade e a ilusión en Marín

- Anuncio -

O Goberno local adianta que se recuperará o tren navideño, as carpas da Alameda e do Parque Eguren e as estacións decorativas en distintos puntos da vila, que acompañarán ao alumeado, en pleno proceso de licitación.

Este Nadal, Marín recuperará a ilusión, a maxia e as actividades. Así o adiantou esta mañá o Goberno local, que se atopa inmerso na organización destas datas e de toda a oferta lúdica, cultural e de tradición que se programará de cara á última gran festividade do ano.

Está previsto que volvan colocarse dúas carpas de entretemento, unha na Alameda e outra no Parque Eguren. A primeira estará destinada sobre todo aos máis pequenos da casa, ata aproximadamente os 12 anos, mentras que a do Eguren buscará ofrecer ocio e divertimento á mocidade a partir desa idade en adiante, para que poidan ter un punto de encontro e de diversión durante as vacacións na súa vila.

Tamén volverá percorrer as rúas do centro urbano o tren navideño, un clásico do Nadal en Marín que é moi utilizado pola veciñanza en xeral pero sobre todo polos centros educativos, antes de que rematen as clases.

Por suposto, tal e como explicou a concelleira de Festas, Marián Sanmartín, “en todo momento manteremos as medidas sanitarias que estean vixentes para entón sobre aforos, uso de mascarillas… ou as cuestións que sexan pertinentes”.

No que respecta á ornamentación da vila para crear ese ambiente festivo, volverá optarse por un formato híbrido no que destaque tanto o alumeado como distintos elementos decorativos en forma de estacións que se colocarán en distintos puntos do centro urbano.

O alumeado, cun orzamento de licitación de 72.600 euros, atópase en proceso de presentación de ofertas, que rematará a próxima semana, para despois poder adxudicalo. No que respecta aos decorados, igual ca o ano pasado, instalaranse distintos motivos navideños, como unhas figuras dos camelos reais, unha recreación dunha vila de Nadal ou o Portal de Belén, entre outros.

Ademais, tal e como se avanzou a pasada semana, tamén se instalará na Alameda a feira de artesanía.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas