HomeO MorrazoMarínO novo Centro de Día para persoas maiores de Marín formará parte...

O novo Centro de Día para persoas maiores de Marín formará parte da Rede Pública autonómica da Xunta

- Anuncio -spot_img

— Entrará en funcionamento despois do verán con 20 prazas dispoñibles, que se poderán ir incrementando ata as 40 no caso de ser necesario


— O Goberno galego financiou con 250.000 euros a adecuación e equipamento do inmoble

A Xunta de Galicia abrirá despois do verán o novo centro de día para persoas maiores de Marín, que pasará a formar parte da rede pública autonómica. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, comprobou hoxe, acompañada da alcaldesa do concello, María Ramallo, o avance nas obras de acondicionamento do primeiro andar da Casa do Mar no que se emprazará este servizo.

O centro entrará en funcionamento con 20 prazas dispoñibles, que se poderán ir incrementando ata as 40 se é necesario. O Goberno galego financiou con 250.000 euros a adecuación e equipamento do inmoble. Con esta actuación renóvase por completo a Casa do Mar de Marín como espazo destinado aos coidados dos maiores e dos máis pequenos, pois no seu baixo a Xunta ten unha escola infantil.

Fabiola García destacou que o Executivo autonómico traballa para ampliar e mellorar a rede de servizos de atención en toda Galicia. A este obxectivo responde o incremento das prazas públicas en centros de día, ata acadar hoxe preto de 6.000

Xantar na casa e Coidados porta a porta
A Xunta reforzou nos últimos anos servizos de proximidade como o Xantar na casa ou o programa de Coidados porta a porta. O Concello de Marín incorporouse a Xantar na casa no ano 2021 para levar a comida os sete días da semana aos domicilios das persoas maiores que viven soas.

Así mesmo, a unidade móbil de Coidados porta a porta volverá de novo a esta localidade do 25 ao 27 do vindeiro mes de abril, para achegar servizos gratuítos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria aos veciños de máis idade. Na súa visita no mes de xullo atendeu a máis de 70 maiores.

Publicacións Relacionadas