HomePontevedraCaldasO novo parque do maior de Caldas de Reis entra en funcionamento...

O novo parque do maior de Caldas de Reis entra en funcionamento consolidando á Tafona como punto interxeracional de referencia e área de lecer na bisbarra do Umia

- Anuncio -spot_img

O alcalde, Jacobo Pérez, compartiu parte da mañá cos primeiros usuarios e usuarias desta instalación, que contou cun orzamento de 35.000 euros

O novo parque acollerá este mércores as actividades organizadas polo Concello con motivo da conmemoración do Día Internacional das Persoas Maiores

A Tafona consolídase como un punto de encontro de referencia interxeracional na comarca do Umia.

O emblemático espazo caldense conta deste este martes co novo Parque do Maior, unha área de lecer duns 1.000 metros cadrados de extensión que acolle varios elementos biosaudables, mobiliario e zonas de xogos e que foi inaugurada polo alcalde, Jacobo Pérez, acompañado por membros do Goberno local e por numerosos veciños e veciñas da vila.

As obras de acondicionamento do parque leváronse a cabo ao longo do último mes, cun orzamento que ascendeu a uns 35.000 euros aproximadamente. A empresa especializada Garocamprim Sociedad Limitada foi a encargada de executar o proxecto. Situado entre os ríos Umia e Bermaña, o Parque do Maior conta cunha pista de petanca, unha zona para o xogo da chave e varios elementos biosaudables, para a realización de exercicios de mantemento. Procedeuse, asemade, á dotación de paneis informativos e mobiliario, composto por asentos e mesas de pedra. Mellorouse, a maiores, o pozo de cahotería da zona, e habilitouse unha fonte de auga potable con dous grifos, un para persoas e outro para mascotas. Durante a inauguración, foron varias as persoas que xa pudieron facer uso das instalacións. “Este é un espazo pensado para fomentar o benestar e a práctica de hábitos saudables para os nosos maiores”, sinalou o alcalde, que lembra que esta área se suma aos parques e recintos para a mocidade que xa existen na Tafona. “Damos un paso máis para consolidar a Caldas de Reis como concello que garante propostas saudables e que se preocupa pola boa calidade de vida da súa xente”, afirmou Pérez Gulín.

A data elixida para para a inauguración estas instalacións coincide coa conmemoración do Día Internacional das Persoas Maiores, que será o mércores, 1 de outubro. O Parque do Maior acollerá entre as 17.00 e as 19.00 horas torneos de petanca, tiro á chave e xogos de mesa.

Ademais, tamén se servirán racións de chocolate quente. As persoas interesadas poderán anotarse nestas actividades ás 16.45 ou ben chamando previamente aos teléfonos 986540523 ou 637214864. A Concellería de Benestar Social e do Maior tamén está a ultimar o calendario de actividades a desenvolver ao longo de toda a tempada 2025-2026.

Publicacións Relacionadas