O novo paso superior de Renfe na Portela será máis amplo e seguro para vehículos e peóns

adminON
Lectura mínima de 3

–  O paso actual, de 5 metros de ancho, será substituído por un novo de 8,5 metros, Contará con dous carrís de circulación e beiravías para peóns a ambos lados da ponte. O paso, duns 18 metros de longo,  incluirá barreiras e varandas de seguridade.

– A alcaldesa, Digna Rivas, confía en que os traballos poidan realizarse no prazo de tempo máis breve posible, e destaca que co novo paso superior “a veciñanza gañará en mobilidade cun acceso máis amplo e moderno, o que permitirá a circulación tanto do tráfico como dos peóns dun xeito máis cómodo e sobre todo máis seguro”.

As obras de renovación da vía no trazado entre Redondela e Vigo xa están en marcha. Os traballos comprenden a ampliación das dimensións da vía e a instalación de novos sistemas de protección civil e seguridade nos túneles. No paso superior da Portela, en Cedeira, renovarase por completo o acceso. O paso actual, de 5 metros de ancho, será substituído por un novo acceso moito máis amplo e seguro, tanto para vehículos como para peóns. A nova plataforma contará cun ancho de 8,5 metros, con dous carrís de circulación e beiravías para peóns a ambos lados da ponte. O paso, duns 18 metros de longo,  incluirá barreiras e varandas de seguridade.

Tal como se avanzou desde o Concello o pasado 20 de agosto, a empresa adxudicataria explica que debido á complexidade dos traballos o acceso estará pechado de xeito provisional durante varias semanas. A alcaldesa, Digna Rivas, confía en que os traballos poidan realizarse no prazo de tempo máis breve posible, e destaca que co novo paso superior “a veciñanza da contorna gañará en mobilidade cun novo acceso máis amplo e moderno, o que permitirá a circulación tanto do tráfico como dos peóns dun xeito máis cómodo e sobre todo máis seguro”.

A renovación da liña ferroviaria inclúe tamén un novo viaduto sobre a estrada N-550 e renovaranse unha vintena de pasos inferiores para facelos máis accesibles e seguros.

Renovación da estación de Redondela e novo novo apeadeiro en Chapela

A renovación de vía do trazado Redondela-Vigo Guixar inclúe tamén a construción do novo apeadeiro de Chapela e a modernización da estación de tren de Redondela. Estes últimos traballos xa están en marcha, cun investimento de 3,3 millóns de euros, co que se completa remodelación e mellora a accesibilidade da estación redondelá.

Comparte este artigo