Home Pontevedra Caldas O obradoiro de emprego Ulla Umia VI inician a formación en alfabetización...

O obradoiro de emprego Ulla Umia VI inician a formación en alfabetización informática

- Anuncio -

Os 20 alumnos/as do Obradoiro de Emprego Ulla Umia VI, 10 alumnos da especialidade de albanelería e 10 de forestais, pertencentes ós concellos de Valga e Moraña, inician a formación complementaria en alfabetización informática que terá unha duración de 10 horas e é impartida na aula de informática sita no auditorio municipal de Cordeiro en Vaga.

A función desta formación é que os alumnos/as adquiran coñecementos básicos sobre os conceptos informáticos e se familiaricen cos ordenadores. Sendo o obxectivo que adquiran unhas destrezas básicas no sistema operativo e operacións elementais, coñecer basicamente e concarácter práctico as principias aplicacións en ofimática, se inicien en Internet e sexan capaces de traballar de forma autónoma.

Establecéronse grupos según o nivel, dando alfabetización básica aos que carecían de ningunha formación informática, e facendo máis avanzado aos que xa posuían un nivel mínimo. A formación impártese por separado ós alumnos das dúas especialidades formativas: albanelería e forestais.

Esta formación é impartida pola técnica da aula Cemit do Concello de Valga Vanesa Losada.

Relacionadas

O programa Navega con Rumbo chega ao IES VAL DO TEA

0
A Escola de Nais e Pais do IES Val do Tea acolle a súa segunda xornada. O programa Navega con Rumbo da Consellería de...

O BNG de Meaño lamenta que os grupos da corporación municipal non apoiaran a...

0
A Alcaldía non admitiu a debate a moción de urxencia sobre os verquidos do Río da Chanca. O BNG de Meaño defendeu no Pleno celebrado...

Luis López sinala o turismo e a hostalaría como dous motores para o desenvolvemento...

0
O presidente da Deputación participa na entrega de premios aos profesionais do sector que organizan as asociacións provinciais de empresarios da hostalaría e hospedaxe A...

Abre a presentación de ofertas para explotar o Bar de Portocelo

0
A concesión será por dous anos, con posibilidade de prórroga doutros dous, cunha proposta de renda mensual de 236 euros, máis IVE. O prazo...

Ampliase o prazo do sorteo de 100 tarxetas regalo polo Día da Nai

0
O Concello ampliou o sorteo de tarxetas regalo ata o 5 de maio, a partir de 30 euros de compra. As persoas participantes poderán...

Abre a convocatoria de participación na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu vén de...

Publicacións Relacionadas