O papel dos homes no feminismo, a reflexión dos Os ‘Cafés en Igualdade’

adminON

Será este xoves 27 de febreiro da man do docente Manoel Ucha Díaz no Bar San Martiño de Martín ás 17.30 h. Entrada de balde

O camiño cara a unha sociedade igualitaria require aliados en todos os espazos da vida. Con esta premisa, o Concello de O Rosal organiza unha nova sesión dos ‘Cafés en Igualdade’, que nesta ocasión abordará o tema ‘Homes feministas. Aliados na vida’, da man do docente de educación secundaria Manoel Ucha Díaz. O encontro terá lugar este xoves 27 de febreiro ás 17:30 horas no Bar San Martiño de Martín.

Deste xeito, os ‘Cafés en Igualdade’ volven xerar un espazo de aprendizaxe e reflexión sobre a igualdade de xénero, os coidados e o feminismo, achegándose a situacións reais da vida cotiá da veciñanza. Neste novo encontro, aberto a todos os públicos, analizarase o papel dos homes na loita pola igualdade e a súa implicación como axentes de cambio.

A alcaldesa de O Rosal, Ánxela Fernández Callís, destacou a importancia deste tipo de actividades para fomentar o diálogo e a reflexión colectiva. “A igualdade de xénero non é unha loita exclusiva das mulleres, é unha responsabilidade de toda a sociedade. Estes espazos de conversación e aprendizaxe axudan a crear unha comunidade máis xusta e equitativa”, resaltou.

Os ‘Cafés en Igualdade’ contan co financiamento do Ministerio de Igualdade, a través do Pacto de Estado contra a violencia de xénero 2023-2024.

Comparte este artigo